Aspiran a seguir liderando á formación política local co respaldo do Congreso que se celebrará en Foz, o venres día 10 de maio, e en Mondoñedo, o sábado día 11 do mesmo mes.
Jorge Castiñeira é Arquitecto Técnico, naceu no ano 1974 e é alcalde en Foz dende xuño de 2011; Elena Candia é avogada, naceu en 1978, é edil en Mondoñedo dende 2003 e voceira na Deputación dende 2011.
Serán a terceira e cuarta cita a nivel local que conmemorará o Partido Popular de Lugo despois da celebración do conclave de Portomarín e Ribadeo que encabezan a lista de congresos locais.
Lugo, 19 de abril de 2013.- A casa da cultura de Foz e a casa da xuventude de Mondoñedo acollerán o vindeiro 10 e 11 de maio, respectivamente, os congresos locais do PP.
Rematado o prazo para presentarse á Presidencia, Javier Jorge Castiñeira e Elena Candia aspiran a seguir liderando á formación política local co respaldo do conclave que terá lugar en Foz o venres día 10 de maio, as 20:30 horas, na Casa da Cultura e en Mondoñedo, o sábado día 11 de maio, ás 21:00 horas, na Casa da Xuventude.
Ademáis da elección da nova executiva, onde o conxunto da militancia poderá escoller de xeito directo á nova dirección, establecerase a estratexia política a desenvolver nos vindeiros anos.
Os Congresos de Foz e Mondoñedo son a terceira e cuarta cita a nivel local convocada polo Partido Popular de Lugo logo da celebración do de Portomarín e Ribadeo que encabezan estes conclaves.
FORMACIÓN E EXPERIENCIA POLÍTICA JAVIER JORGE CASTIÑEIRA
Natural de Foz, naceu no ano 1974. É arquitecto técnico pola Universidade de A Coruña.
Afiliado ao Partido Popular dende o 11- 5- 2010 e dende xuño de 2011 é alcalde deste concello da Mariña.
FORMACIÓN E EXPERIENCIA POLÍTICA ELENA CANDIA LÓPEZ
Natural de Mondoñedo naceu en 1978. É avogada e traballa dende 2005, no sector asegurador. Afiliada ao Partido Popular dende o 11-11-2004, foi edil de servizos sociais e emprego en Mondoñedo ata 2003. Actualmente é concelleira en dito concello e voceira do PP na Deputación.


















Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.



