O hotel Vila do Val de Ferreira organiza unha unha cata de viños. Será o próximo xoves, 25 de abril, ás nove da noite. O encargado de dirixila será o sumiller Naho Costoya, mellor maître de España 2012 e finalista Nariz de Oro no ano 2007. A dirección do hotel invita ós seus clientes a participar nesta cata. María Hermida, a director do Vila do Val, sinala que “decidimos organizar esta cata, dada la buena acogida que tuvieron otras que realizamos en nuestro hotel hace meses, además merece la pena escuchar a un experto como Nacho Costoya”. Hermida agradece “a la bodega Regina Viarum que hayan querido estar aquí y que hayan apostado por nosotros para llevarla a cabo”.




















O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



