O aspirante á secretaría xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse esta mañá á negociación das normas do proceso de elección do partido, e reafirmouse na súa posición de non ser “xuíz e parte” na constitución desta normativa. “Hai case dous meses que dixen no partido, no Comité Nacional, que aspiraba á secretaría xeral, e tamén dixen hai un mes que eu non podo participar nun proceso onde se deciden as normas desa elección, porque sería xuíz e parte. Non é nada novo a miña posición, senón que xa a fixen pública hai semanas”, afirmou.
En referencia á elección por primarias, Gómez Besteiro lembrou a súa posición e o seu “compromiso” no seu papel como aspirante á secretaría xeral,e deixou claro que agora non lle corresponde a el chegar a ese acordo. “Estou nunha posición, como saben, na que defendo que o traballo de futuro deste partido pasa por un militante, un voto, e iso é no que estou a traballar e ao que me comprometo cando falo cos militantes nas diferentes agrupacións, pero tamén é certo que vou traballar no marco que o partido socialista marque para esa elección”, asegurou.
O socialista apunta que debe actuar “como aspirante” e por tanto non pode “influír” coa súa posición sobre un procedemento determinado senón que o correcto é “manterse ao marxe” do proceso. “Non me parece ético que un aspirante á secretaría xeral sexa o que defende un procedemento ou outro”, apuntou. “O meu traballo se vai dirixir a que a elección do secretario xeral se faga baixo a máxima dun militante un voto e que a xente poida votar en urna e de forma secreta. A iso me estou entregando eu, e é o futuro polo que debe ir o partido socialista. Estou sendo totalmente coherente , unha cuestión distinta é o que decida o partido, e eu como candidato creo que teño que estar fóra desa decisión, non me parece ético nin razoable nin vai coa miña personalidade, e estou a facer o que me comprometín a facer”, insistiu.
Gómez Besteiro non quixo entrar na decisión que debe tomar o actual secretario xeral para o seu futuro. “Cada un é libre de facer o que considere oportuno, este tipo de cousas son decisións persoais que se comparten cun colectivo, que é o que ten que facer todo o mundo. Cando me preguntan se é bo que haxa catro ou cinco candidatos digo que isto é a democracia, que é o que queremos, e debe servir de exemplo para que a vida democrática e transparente se instale nos partidos”, asegurou. “Eu podo responder só como José Ramón Gómez Besteiro, cun claro código ético, que como aspirante non debo influír nin participar, nin que tan sequera se poida dicir que orientei o procedemento cara onde podía servirme máis como candidato, e non me vou desviar desa liña, que é a que me da forza e coherencia”, aseverou
O aspirante á secretaría xeral do PSdeG lembrou que “o proceso orgánico é moi importante, pero o que nos está a demandar a sociedade é responder aos seus problemas, porque iso é o que nos encontramos fóra do partido e aí é onde ten que estar o partido”. Por iso destacou que está “nunha carreira de compromiso coa militancia”, e continuará “na mesma liña de falar con cantos máis militantes mellor e intentando xerar unha ilusión que se centre no partido socialista”, e que “esa ilusión”, que é “o que máis” lle “preocupa”, se traslade “á sociedade”. No marco destas reunións, o xoves estará coa militancia en Vilagarcía.
“Iso é no que temos que estar, no que está Besteiro e no que debe estar o partido: as solucións á sociedade, e seguir o que sempre digo, que o debate orgánico, que é importantísimo, non pode eclipsar as necesidades de Galicia”, afirmou Besteiro, que tamén foi preguntado polas últimas declaracións do alcalde de Lugo e presidente do PSdeG, López Orozco. “É unha opinión respetable, pero eu como aspirante á secretaría xeral non podo entrar a valorala e creo que non debo facelo”, finalizou.


















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



