A Capela de Santa María de Lugo será escenario dunha exposición de homenaxe a un novo oficio tradicional, coma xa fixera hai meses cos oleiros. Neste caso, serán as encaixeiras da provincia as protagonistas de Palillando no Camiño, unha mostra que reunirá uns 200 traballos realizados con esta técnica polas integrantes de oito asociacións de artesanas lucenses, que tamén ofrecerán demostracións en vivo e leccións prácticas ós asistentes. A Deputación dá así novamente un paso para impulsar os oficios tradicionais da provincia, contribuíndo a manter emprego no sector coma xerador de riqueza e conseguir fixar poboación no rural.
As pezas que forman parte desta mostra son, na súa maior parte, de inspiración tradicional de encaixe galego, aínda que tamén haberá pezas realizadas baixo outras técnicas, coma dos chamados tipos ruso, belga (ou binche), ou danés (tonder). Prendas de vestir de adulto e neno, complementos decorativos de fogar e de moda, coma chales, broches, sombreiros, abanos ou mesmo xoias, realizadas en liño, fío e seda, serven de testemuña dun oficio que se mantén con vida na actualidade grazas á implicación e esforzo dunhas 500 mulleres de toda a provincia. Esta mostra será, pois, punto de encontro para todas elas.
Esta mostra será, pois, un punto de encontro para as mulleres da Asociación de Palilleiras de Sarria “Camiño de Santiago”, que nesta ocasión exercen de anfitrioas; Grupo de Palilleiras de Burela e Foz; Asociación Cultural de Quiroga; Grupo “Agulla máxica”, de Lugo; o Grupo “Bosque Sagrado”, que reúne a palilleiras de Vilalba, Cerdido, Santaballa e As Pontes; palilleiras dos Centros Socioculturais lucenses de Lamas de Prado, Trapero Pardo, Milagrosa e Fingoy; Asociación “As Encaixeiras” de Burela e o Grupo “Coas nosas mans” de Xove.
Palillando no Camiño terá un carácter particularmente interactivo, grazas ás dúas novidades que ofrece. A primeira delas será a posibilidade de observar o traballo destas artesanas en vivo, grazas ás demostracións que ofrecerá a todos os que se acheguen ata a Capela, todos os domingos mentres permaneza aberta esta exposición, entre as 17:00 e as 20:00 horas. A segunda é que precisamente os que asistan a estas demostracións na Capela poderán aprender a técnica dos bolillos coas leccións e consellos das palilleiras.
Esta exposición inaugurase este xoves e é totalmente gratuíta. Permanecerá aberta ó público na Capela de Santa María ata o 29 de maio, de luns a venres e de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.






















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



