Ribadeo, 1 de maio de 2013. O telecentro acollerá do 9 ao 16 de de maio varios cursos organizados pola Concellaría de Sociedade da Información. A inscrición está aberta na Casa da Xuventude, segundo anuncia o edil Xavier Campos.
O concelleiro nacionalista explicou que “desde á Área de Sociedade da Información do Concello de Ribadeo queremos informar da posta en marcha dunha serie de cursos que teñen como obxectivo final axudar a familiarizar con internet e coas posibilidades que ofrece a aqueles ribadenses que estean interesados ou interesadas en adquirir maiores coñecementos, en sacar maior partido do que é internet, as redes sociais e diferentes usos que poden ser interesantes para a vida diaria de todos e todas nós”.
Xavier Campos indicou que “neste sentido os días 9 e 10 de maio de 11:30 a 13 horas comezará un curso que leva por nome Opera co teu banco a través da internet e que estará centrado en explorar as posibilidades que internet ofrece para a realización de xestións bancarias das máis habituais, das máis correntes, que todos e todas facemos de forma regular”. O edil de Mocidade e Sociedade da Información manifestou que “o día 13 de maio, pola súa banda, haberá un curso máis xenérico, máis amplo, que se chamará Descubrindo internet, orientado a persoas que a día de hoxe non teñen un coñecemento básico do que internet é e lles ofrece. Será un curso que, por este motivo, terá máis duración: comeza o luns, día 13 pero tamén se repetirá o martes 14, o luns 20 e o martes 21 no mesmo horario de mañá: de once e media a unha”.
Campos engadiu que “finalmente os días 14, 15 e 16 de maio en horario de tarde, de seis a sete e media, terá lugar un taller sobre Organización de viaxes a través de internet, que se centra fundamentalmente en ver qué posibilidades nos ofrece internet para a organización de viaxes de lecer, de traballo ou as diferentes necesidades que teñamos e en que medida as podemos satisfacer a través dos recursos que hoxe en día internet ofrece.”
Calquera persoa interesada en participar nestes cursos o único que ten que facer é pasarse polo telecentro de Ribadeo, que está na Casa da Xuventude ou ben chamar ao teléfono 982.120.732 de 9:30 a 13:30 e de 16 a 20 horas. De luns a xoves sempre vai haber persoas que poidan atender a calquera ribadense interesado ou interesada en apuntarse nalgún destes cursos.
“Os cursos contan cun total de 9 prazas e polo tanto aquelas persoas que estean interesadas en participar nalgún deles o que se recomenda é certa rapidez no proceso de inscrición, que é moi sinxelo: simplemente poñéndose en contacto co telecentro de Ribadeo, na Casa da Xuventude, ou ben no número telefónico 982.120.732”, sinalou o concelleiro de Sociedade da Información.









O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



