VIVEIRO .- O BNG de Viveiro resposta ás declaracións do alcalde de Viveiro que acusa aos nacionalistas de “mentir” dicindo que eles “o único que reclaman é a apertura do Centro Sociocultural de Covas”. egaden que “Roel non cumpre, non dá golpe, ten o Concello manga por ombro, non permite a mínima discrepancia, só se rodea de criados… e así—manifesta o concelleiro do BNG, Xosé Antonio Goás Basanta— non nos extraña que, cando debería de calar ou polo menos respostar educadamente, saia por peteneras como fixo onte”.
NOTA DE PRENSA.
“ROEL NON DÁ GOLPE E DEDÍCASE A SACAR BALÓNS FÓRA”
“ ROEL NON DÁ PÉ CON BÓLA E MINTE PARA TAPAR A SÚA INEPTIDUDE”
O BNG de Viveiro quer respostar ás declaracións do alcalde de Viveiro que acusa aos nacionalistas de “mentir” cando o único que reclaman é a apertura do Centro Sociocultural de Covas. “Roel non cumpre, non dá golpe, ten o Concello manga por ombro, non permite a mínima discrepancia, só se rodea de criados… e así—manifesta o concelleiro do BNG, Xosé Antonio Goás Basanta— non nos extraña que, cando debería de calar ou polo menos respostar educadamente, saia por peteneras como fixo onte”.
O BNG quer deixar claro diante dos veciños e veciñas que as actas do Pleno do Concello están a disposición de quen as queira consultar e moito antes de que o sr. Roel aparecera por estos pagos xa os nacionalistas tiñamos levado a Pleno a proposta de criación dun Centro Sociocultural en Covas. Atribúase pois o indignado alcalde a iniciativa, súmea á outras xa en funcionamento como o da central de biomasa, a exitosa bienal Maruja Mallo ou a Capela da Sarna. Tanto nos ten. Porque o único que pretendemos os nacionalistas é que o Centro Sociocultural de Covas se abra canto antes.
En canto á foto publicada onte que tanto o indigna, preguntamos. É que temos que pedirlle permiso para sair na foto? É que os membros do BNG teñen que contar co nihil obstat da alcaldía antes de ser fotografados polos medios de comunicación? É que só poden sair nos medios os seus mandados e criadas?. Díganos entón sr. Roel quen ten que sair na foto mañá, cando o BNG presente a súa vindeira iniciativa. Contéstenos de contado, señor : “este no, que es de Valcarría, el otro tampoco que es buen chico, queremos una chica más alta, que se afeite el de San Pedro…”


















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



