Ribadeo, 2 de maio de 2013. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, critica a falla de compromiso da Xunta co sector turístico do concello. O rexedor alude á polémica suscitada nos últimos días coa celebración da regata Transgascogne. Suárez Barcia subliña que “desde o Concello e ACISA estamos conseguindo difundir a milleiros de persoas os encantos de Ribadeo, estamos tirando para adiante coa Xunta ou sen Xunta”. O rexedor non entende como en edicións anteriores se destinaron 40.000 euros á Transgascogne desde a Xunta e agora “se lle da esta patadiña ao Club Náutico”.
Fernando Suárez dixo que “durante dúas edicións anteriores aos responsables da Xunta, que eran os mesmos que agora, enchéuselles a boca do importante que era para Ribadeo e asumiron integramente os custos duns 40.000 euros en cada edición, incluso ao meu xuízo quizais un pouco elevado porque se podía facer sen dúbida por un pouco menos”.
O alcalde ribadense pensa que “hai que retratar á xente tal como é hai que e dicir que da palabra do PP calquera se fía. Hai pouco tempo confirmaban para este ano o seu apoio a este evento e agora a pesar de que por primeira vez tanto o Concello, máis modestamente, como a Deputación, un pouquiño máis, apoiaban o mesmo a Xunta decidiu dicir que non. Eu non sei se é que agora politicamente non interesaba e antes si”.
Suárez Barcia sinalou que “en todo caso para Ribadeo, pola situación económica que temos a día de hoxe, estamos volcados en novos mercados turísticos para abrirnos ao mundo, consideramos moi importante a difusión turística que se faga do noso concello por aí. E estámolo a facer desde o Concello coa Xunta, desgraciadamente máis sen ela a xulgar polo nulo apoio que están tendo como nestas cousas, como na praia das Catedrais, etcétera”.
Para o rexedor “a proba de que non nos arredamos por estas actitudes que ten a Xunta é que estamos conseguindo, sen o apoio dela, difundir a milleiros e milleiros de persoas os nosos encantos: do noso casco vello, dos nosos hostaleiros, das nosas praias, etcétera. Aí estamos nos últimos tempos coa asociación de comerciantes nas feiras de turismo, como a de Valladolid, ou agora mesmo, nesta datas, a de Bilbao. E estou convencido de que vai ser espectacular en número de visitantes pero tamén perigoso, polo cantidade deles xa que a día de hoxe non temos ningún plan conxunto elaborado entre ningunha administración por moito que nosoutros desde Ribadeo andemos clamando no deserto”. E engadiu que “Ribadeo, coa Xunta ou sen ela, seguirá tirando para diante, aparte destas pequenas patadiñas que están dando, neste caso ao Club Náutico de Ribadeo con esta regata, que tamén eles estaban poñendo o mellor de si, aínda que acaban de chegar. Estaban dispostos a facelo por moitísimo menos do que outros anos a Xunta pagou, pero en todo caso eu creo que é boa cousa retratar ás persoas e ás administracións”.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



