O Burela FS Pescados Rubén volveu facer os deberes hoxe e impúxose con solvencia ao Roldán FSF (1-3) para seguir escribindo a historia laranxa. “Foi un partido serio, aínda que sen demasiada vistosidade xa que a espera do Roldán FSF en media pista non permitiu demasiada alegría. Regresamos coa ledicia de cumprir co obxectivo e preparadas para a final”, explicaba o técnico, Javier Pardeiro, na viaxe de volta, co Atlético de Madrid Navalcarnero xa no centro do pensamento laranxa. O Burela FS está a tan só 40 minutos do título de Primeira; dende o liderado, recibirá na penúltima xornada (última para as laranxas) as madrileñas, que se manteñen un punto por detrás despois da vitoria ante o Ponte Ourense (4-2). Se non hai cambios por unha posible emisión televisiva, o encontro de Vista Alegre disputarase o sábado 11, ás 18.00 horas (horario unificado).
As burelás saltaron á pista deixando patente o seu dominio. Dende o comezo as ocasións foron para as visitantes cun rival que agardou en media pista e optou pola contra como recurso. En torno ao minuto 5, Peque e Dany avisaron con senllos disparos, sen fortuna. As chegadas murcianas, aínda que escasas, potenciaban perigo pero aí estaban as galegas para frealas; unha das máis claras, en contraataque, conseguiu desbaratala Jozi nunha excelente intervención (minuto 11). Tras o tempo solicitado por Roldán, a vantaxe tan merecida do Burela FS subiu ao electrónico nas zapatillas de Dany (minuto 14) a pase de Peque. Dous minutos despois a madrileña volveu asistir a Dolo para anotar o 0-2. Con Dany, moi activa, reapareceu o nerviosismo na área murciana segundos máis tarde. Con cinco faltas para as locais, Haydee puido ampliar as distancias nun dobre penalti antes do descanso.
O 0-2 da primeira parte converteuse axiña en 0-3, cun gol de Haydee, a pase de Dany, nos primeiros segundos do reinicio. A partir de aí, o Roldán FSF adiantou as liñas e intentou apertar para darlle a volta ao marcador, cunha concentración absoluta en defensa da banda laranxa. A falta de 9 minutos para o final, a locais optaron co xogo de cinco como revulsivo; Mayte Mateo atopou o 1-3, no minuto 35, dende media pista. As burelistas mantivéronse imperturbables, sen sufrir, co triunfo como meta; no último minuto, Peque aínda puido ampliar o definitivo 1-3.
Ficha técnica
Roldán FSF: Grandy, Marta Pelegrín, Sarita, Mayte Mateo e Cristina Póveda, cinco inicial; también xogaron Maca, Miriam, Cente, Pepa, Pelu, Andrea
Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Lucía, Haydee, Lidia e Peque, cinco inicial; tamén xogaron Dany, Dolo, Maite
Goles: 0-1, minuto 15, Dany; 0-2, minuto 16, Dolo; 0-3, minuto 21, Haydee; 1-3, minuto 35, Mayte Mateo
Tarxetas: Amarelas a Marta Pelegrín (34), por Roldán FSF; Lucía (19) e Maite (25), por Burela FS























No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
