Os aeroportos galegos son un bó exemplo de cómo esa catástrofe chamada AENA xera ineficiencia e división entre galegos. AENA é a Administración aeroportuaria máis centralizada e ineficaz da Europa. Compre. pois, a transferencia á Xunta dos aeroportos, reservándose o Estado o control do tránsito aéreo no marco da UE.
Mais a futura Administración aeronáutica galega non poderá incorrer no mesmo erro de AENA. Hai que descentralizar a xestión aeroportuaria. Os servizos (aparcadoiro, “handling”, restauración…) poderíanse xestionar por tres Consorcios público-privados autónomos, liderados pola Xunta e cadanseus concellos e nos que se integren os axentes sociais principais de cadansúa área urbana.
Dende estes alicerces, a captación de vós habería ser coordinada. E as subvencións haberían ser decididas pola Xunta co sentido de País e equilibrio de servizos, por proposta dos concellos e operadores económicos e evitando contraprogramacións suicidas. Neste contexto sería posíbel certa especialización aeroportuaria, sempre que nos decatemos que os tres aeroportos están comunicados deficientemente co resto do territorio galego. Xa que logo se decidimos, por exemplo, que o aeroporto “x” monopolice a interconectividade galega coas Illas Británicas, ha existir, coma en Irlanda, un servizo frecuente de bus-lanzadeira que comunique ese aeroporto coas outras cidades, sexa cal for a remuda normativa que cumprise.
Os aeroportos serven para conectar Galicia co resto da Europa, nomeadamente para garantirmos unha ampla e conveniente achega de turismo destes países e do resto do mundo. Cumpriría decatármonos que éste, o turismo, é o obxectivo principal e non, pola contra, as conveniencias do pequeno grupo de galegos que usan decote os aerodromos.
Nos aeroportos, como en tantas outras cousas, o problema chámase centralismo. E o centralismo chama polo localismo e pola ineficiencia. Galicia ten que xestionar a súa política aeroportuaria e ésta basearse nos seus tres-si, tres- aeroportos.
Xoán Antón Pérez Lema


















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



