Santiago de Compostela, 6 de maio de 2013.- A Plataforma Cidadá Queremos Galego acordou no seu último plenario apoiar a folga convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público para o vindeiro día 9 de maio. Queremos Galego considera que o anteproxecto da LOMCE recolle o peor da política centralista e españolizadora que o PP está a levar a cabo desde Madrid e tamén aquí na Galiza, introducindo no ensino unha liña que afondará nas diferenzas no acceso á educación e que relegará a nosa lingua a un plano de maior inferioridade con respecto ao castelán.
Tal e como se explica no manifesto de convocatoria da folga, a LOMCE facilita ao alumnado a posibilidade de matriculación nun centro privado, pagado por todos e todas nós, para evitar a súa escolarización no noso idioma. É dicir, nos tempos da austeridade dedícase diñeiro público a fomentar a ignorancia da nosa lingua, impondo un modelo lingüístico que elimina o ensino en galego e invade as cativas competencias que temos coa intención de afastar totalmente o ensino da nosa realidade social, histórica, cultural e lingüística. Segundo Susana Méndez, coordinadora da xestora de Queremos galego, a LOMCE “afonda no camiño xa iniciado polo goberno de Alberto Núñez Feijóo e o conselleiro Jesús Vázquez, que poñen todo o seu empeño en intentar conseguir a desaparición da nosa lingua do ensino, e da vida cotiá en xeral”.
Neste sentido Susana Méndez indicou que “a xa coñecida como Lei da Wert-goña é un intento máis de, como di o ministro que a impulsa, ‘españolizar’ as nenas e nenos dos territorios con lingua propia, como é o galego, aumentando por lei a diferenza de estatus entre a nosa lingua (única propia de Galiza) e o español”.
Desde Queremos Galego! vimos denunciando este proxecto de lei por antidemocrático, centralista, discriminatorio e por ser un intento de silenciar ás persoas que temos linguas propias distintas do español, por este motivo apoiamos a folga convocada no ensino para o día 9 de maio e convidamos á participación activa na mesma, e a acudir ás mobilizacións convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (que se poden consultar no enderezo web http://plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com.es/2013/04/manifestacions-e-concentracions.html).
A plataforma cidadá Queremos Galego! engloba a máis de 700 entidades de todo o país que defenden a posibilidade dunha vida plena en galego, que defenden unha Galiza na que ningunha persoa se sinta “ESTRANXEIRA NA PROPIA PATRIA”, tal e como reza o lema escollido para a Manifestación convocada por esta Plataforma para o vindeiro 17 de maio (Alameda de Santiago, 12h), tamén para denunciar esta LOMCE e os seus perversos efectos para a nosa lingua.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



