Ribadeo, 6 de maio de 2013. O vindeiro venres, 10 de maio, arrinca a oitava edición do concurso gastronómico Ribadeo de tapeo. Neste 2013 son 55 os locais participantes tanto da vila como dos parroquias os que deleitarán aos asistentes coas súas creacións da cociña en miniatura. Entre as novidades desta oita edición do Ribadeo de tapeo está unha aplicación para móbil coa que se pode seguir o concurso.
O rexedor dixo que “xunto con esta iniciativa coa que nos fomos distinguindo ao longo de todos anos tanto na Mariña de Lugo como no Occidente asturiano, tamén presentamos a segunda edición dos Soños gastronómicos, mediante a que unha serie de hoteis e hostais ofrecen descontos á xente que pase a noite durante eses días do Ribadeo de tapeo”.
Fernando Suárez sinalou que “o Ribadeo de tapeo conta, máis que nunca, cun montón de participantes, concretamente 55 establecementos (bares, mesóns, restaurantes, etcétera), que creo que se incrementa en tres con respecto ao número do ano pasado. O prezo da tapa seguirá sen subir, a 1,30 euros, como estes anos anteriores”.
Nesta edición da publicación que recolle todas as tapas participantes “utilizamos un cadro de Rembrandt, Lección de anatomía, e incluso todas as tapas e os pinchos están enmarcados como se foran auténticas obras de arte, que é o que son a xulgar polo traballo que fan todos os chefs, todos os restauradores, que están intentando dar o mellor de si para ofertar a mellor tapa, que logo tanto o público, por unha banda, como o xurado, pola outra, se van encargar de valorar para dar os premios. Aínda que aquí, como en todo o que facemos en Ribadeo, o importante non é ganar senón participar”.
O alcalde ribadense explicou que “ademais dos miles de libros e de guías que editamos cos horarios, cos lugares, cos mapas e tamén con estas follas para ir marcando por parte da xente que queira participar nos sorteos temos tamén, por primeira vez, unha iniciativa a través do teléfono móbil cos códigos QR para as plataformas Android e IOS, é dicir do que leva Apple para o Iphone, Ipad, etcétera. Desta maneira a xente en calquera dos bares participantes e tamén en calquera código QR que encontre polos libriños poderá acceder a unha aplicación en internet onde se explica absolutamente todo. É dicir que este ano non fai falta ter o libro para saber os lugares, os horarios, a tapa, etcétera”.
Suárez Barcia convida “aos nosos veciños e amigos de concellos limítrofes da Mariña Luguesa e do Occidente asturiano, porque teñen unha chea de días desde este fin de semana próximo ata o seguinte, é dicir do 10 ao 19 de maio para achegarse a Ribadeo e saborear algunha das 55 tapas. Para poder participar en algún sorteo terán que ter polo menos 20 selos marcados, 20 tapas consumidas, e os que queiran acceder ao Larpeiro de ouro terán que marcar os 55. Hai unha serie de premios como noites de hotel, voos en avioneta, fins de semana en casas de turismo rural, cursos de surf, bonos de consumo para a praza de abastos, etcétera”.
O Ribadeo de tapeo tamén leva aparelladas outras actividades coma actuacións culturais, de teatro, a colaboración do colectivo Sonda Norte, monólogos. En definitiva hai un montón de escusas para estar en Ribadeo durante todos estes días, para consumir nos locais tanto da vila como das parroquias e queremos convidar a todo o mundo a que así o faga.
Oa rexedor de Ribadeo manifestou que “esta iniciativa preséntoa eu porque a concelleira de Turismo e Desenvolvemento Local, Ana Martínez, non pode estar hoxe aquí porque ven da feira de turismo de Bilbao, onde estivo representando a Ribadeo durante toda a pasada fin de semana. É de destacar a importancia que damos desde a súa área a todas estas iniciativas de turismo, que é un elemento cada vez máis importante que estaba por descubrir en Ribadeo e notamos como se percibe que cada vez máis xente ven a Ribadeo. E tamén é importante sinalar o apoio que nos dá a Deputación Provincial de Lugo para organizar este evento, que parece que non custa moito pero realmente a publicidade, os carteis, a difusión que é necesaria lévanos unha parte importante de recursos”.






















A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.



