-Estudantes de 1º de Produción da Escola de Imaxe e Son organizan o I Festival Itinerante de Balcóns e Espazos Sonoros (FIBES), unha sorprendente iniciativa pioneira en Galicia de promoción cultural que busca a implicación do público
-A idea é dos alumnos da EIS do módulo Planificación, Espectáculos e Eventos de 1º de Produción, que contan coa colaboración de compañeiros de Realización e de alumnos do Conservatorio de Música lucense e da Escola de Arte Ramón Falcón
-O día 10 de maio, entre as 11:00 e as 00:00 horas, haberá actuacións de música clásica, jazz, rock e mesmo dun Dj nos balcóns de Concello, Pazo de San Marcos, Casa das Pombas, Praza de Abastos e Hotel Méndez Núñez.
Espazos do centro histórico e balcóns da cidade, coma os da Deputación Provincial, o Concello ou a Casa das Pombas, convertiranse por un día en escenarios culturais nos que se realizarán concertos e espectáculos de danza, protagonizados por grupos e artistas lucenses. Trátase do I Festival Itinerante de Balcóns e Espazos Sonoros (Fibes), que buscará a implicación do público grazas ás numerosasAdemais o Fibes tamén buscará a implicación do público co factor sorpresa como unha das súas principais características.
O Fibes é unha iniciativa pioneira en Galicia, organizada na súa totalidade polos alumnos de 1º de Produción da Escola de Imaxe e Son de Lugo, o único centro da provincia que imparte ensinanzas da rama audiovisual. Contan coa axuda dos seus compañeiros de 1º de Realización, que se encargarán de gravar todas as actuacións para, máis tarde, poder realizar un DVD sobre o acontecido durante o Festival. Na iniciativa tamén colaboran estudantes doutros centros educativos, como os do Conservatorio Profesional de Música de Lugo ou da Escola de Arte Ramón Falcón: un dos alumnos desta Escola, Rodrigo Insua, foi o encargado de deseñar toda a imaxe corporativa do Festival.
Coa organización e celebración do Fibes cúmprese un dos obxectivos educativos primordiais da Fundación TIC, que é o de fomentar a realización de prácticas en escenarios reais ó alumnado co fin último de proporcionarlles unha formación acorde á realidade do mercado de traballo.
Horarios e localizacións
O Fibes celebrarase o vindeiro 10 de maio, a partires das 11:00 horas. Dende esa hora e ata a medioanoite, desenvolverase un variado programa. As actuacións e localizacións son as seguintes:
– ás 11:00 horas, na Praza de Abastos actuará o grupo Combo Jazz, do Conservatorio Profesional de Música de Lugo.
– ás 12:30 horas, no balcón do Hotel Méndez Núñez, terá lugar a actuación de David Taboada e Asociados.
– ás 17:00 horas no balcón da Casa Consistorial actuarán diferentes agrupacións do Conservatorio.
– ás 19:00 horas no balcón do Pazo de San Marcos, será a quenda da formación Tierra de cinco minutos
– ás 21:00 horas nos balcóns da Casa das Pombas da Prazo do Campo, tocará o grupo de rock monfortino The Miñocas
– finalmente ás 22:00 horas, e tamén nos balcóns da Casa das Pombas, o DJ KOO será o encargado de pechar a I edición do Fibes.





















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



