A rexedora local, Emma Álvarez, explicou que as obras deberán estar rematadas o 14 de xullo.
Lourenzá, 8 de maio de 2013. O Concello de Lourenzá asinou coa empresa Copcisa o contrato para a construción do museo e centro de interpretación no Pazo de Tovar, obra que debe estar rematada o 14 de xullo deste ano.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, anunciou hoxe a firma “coa empresa Copcisa, concretamente con Javier Sal Pérez na súa representación, do contrato para adxudicar o proxecto de museo e Centro de Interpretación da Cultura dos Pazos Galegos, é dicir a restauración que se vai facer no Pazo de Tovar. Este contrato ascende a 164.221,94 euros e ten un prazo de execución de dous meses dende a firma da acta de comprobación do replanteo, que se ten que facer nos vindeiros oito días. Polo tanto como moi tarde o 14 de xullo estará rematada esta obra, que foi adxudicada o día 19 de abril despois de ofertar a nove empresas este traballo e recibir soamente a oferta de cinco delas. Conta cunha subvención do Agader con fondos Feader no marco do PDR 2007-2013 concedida o 8 de outubro do ano 2012 por un importe de 117.471, 54 euros”.
“Vaise actuar en aproximadamente 350 metros cadrados para rehabilitar a zoan da antiga vivenda da familia Sela dentro do conxunto do Pazo de Tovar, que está emprazado no lugar de Canedo. O que se vai facer é adaptar esta vivenda a un espazo para museo e Centro de Interpretación da Cultura dos Pazos Galegos”, explicou Emma Álvarez, quen engadiu que o obxectivo é “a dinamización turística do concello e do resto da Mariña. A idea do museo e Centro de Interpretación da Cultura dos Pazos Galegos xurdiu da necesidade de ter un lugar onde se explique a tipoloxía e o percorrido destas edificacións históricas tan significativas da nosa paisaxe galega. Este proxecto innovador non ten mellor forma de levarse adiante que sendo precisamente dentro dun propio pazo. Búscase unha combinación do pasado pero tamén do presente da zona potenciando o propio pazo ao mesmo tempo que se lle da un realce ao cultivo da faba, que serán dúas simbioses perfectas á hora de atraer a noso concello e a nosa comarca”.
A rexedora municipal tamén comentou que “centrándonos no edificio propiamente dito, o museo estará situado na ala sur do conxunto, máis concretamente na antiga vivenda da familia Sela e contará cun acceso principal desde o patio de armas do pazo e tamén cun acceso secundario desde o exterior do conxunto. En planta baixa proxéctase unha sala diáfana ocupada por un só tramo de escaleiras que comunicará o primeiro e o segundo andar. Baixo esta escaleira está previsto situar un estante que albergue as publicacións existentes ata o momento sobre os pazos galegos e máis concretamente do Pazo de Tovar. Esta sala será a que albergue a totalidade das actividades do museo e tamén do centro de interpretación polo seu carácter multifuncional. Ao desenvolverse en planta baixa tamén cumprirá con tódolos parámetros de accesibilidade vixentes”.
A intervención no pazo “pretende respectar o que se considera estrutura e volume orixinais executándose aquelas obras necesarias para dar resposta ao novo uso. Ademais hai que ter en conta que nun primeiro momento non debía de ter a estrutura e a construción que se pode apreciar a día de hoxe, posto que segundo se deixa ver na parte da reseña histórica a altura da cuberta xustamente no muro que se comparte coa Torre do Homenaxe pódense ver as mostras evidentes e físicas de que no seu orixe a cuberta na que agora vamos intervir foi a dúas augas e non a unha soa como se aprecia a día de hoxe. Ademais neste mesmo andar na actualidade aparecen fiestras abertas a posteriori e sen ningunha linguaxe similar ao conxunto arquitectónico existente e propio da época. Polo tanto vaise dar resposta na nova fachada mediante un cerramento lixeiro de solución seca. Abrangue unha capacidade para 36 persoas e permite boas condicións de visibilidade e acústica a todas as prazas”, rematou a alcaldesa.























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



