Foz, 9 de maio de 2013. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, destacou que a travesía de Cangas vai ser moito máis segura ao contar coas beirarrúas cuxa primeira fase está a piques de rematar. Esta obra, que visitou hoxe a delegada territorial da Xunta na provincia de Lugo, Raquel Arias, e o propio rexedor municipal, levábana reclamando os veciños da parroquia dende hai dez anos.
Javier Castiñeira comentou que a visita de hoxe foi “moi interesante porque supón a consecución precisamente dunha das primeiras propostas que fixo este grupo de goberno no seu momento, que era dotar a travesía de Cangas con beirarrúas e así se lle trasladou ao conselleiro de Infraestruturas e ao propio presidente da Xunta”.
O alcalde focense explicou que a construción de beirarrúas en Cangas “decidiuse facer en tres fases, a primeira está practicamente rematada e evidentemente vamos tratar de seguir traballando xa co obxectivo de executar a segunda fase, que son outros 500 metros lineais de calzada, ou sexa uns mil metros de beirarrúa, como se fixo nesta primeira fase, para tratar de acometer a obra completa nesta lexislatura”.
O rexedor municipal lembrou que “para os veciños de Cangas esta era unha obra moi desexada, que levaban dez anos pedindo. Si é ben certo que co núcleo de Cangas non se estaba correspondendo tendo conta o volume desta parroquia, pois hai que ter en conta que non tiña nin un metro de beirarrúa a pesar de ter máis de mil habitantes e cun núcleo urbano consolidado. Polo tanto estamos contentos polos veciños de Cangas e tamén polos veciños de Foz. E por suposto que vamos seguir con eses compromisos”.
Castiñeira rematou dando “o máximo agradecemento ao conselleiro Agustín Hernández polo seu compromiso. O balance é moi positivo, pero non nos podemos quedar aí e dende logo os que deben desfrutar son os veciños de Cangas, que van ter unha travesía moito máis segura e cun aspecto moito máis urbano. E dende logo nun momento de crise, de dificultades económicas como agora, ao conseguir este compromiso despois de dez anos que levaban pedíndoo eu creo que os veciños de Cangas deben estar moi contentos”.



















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



