Como Secretario do Parlamento de Galicia pero, sobre todo, como veciño da Mariña quero sumarme ao recoñecemento ás xogadoras do CD Burela Pescados Rubén por acadar o título de campioas da Liga española de Fútbol Sala Feminino.
Creo que é de xustiza dicir que todos aqueles que tivemos a inmensa honra de seguir a súa traxectoria e, en primeira persoa, o último encontro, estamos especialmente orgullosos polo talento que, ao longo de todo o partido, demostraron as xogadoras e por unha tempada coroada cun meritorio triunfo destas grandes deportistas da nosa comarca.
No CD Burela FS son dignos de admiración, pero non soamente polo polo feito histórico acontecido, senón tamén porque o seu exemplo dinos como hai que dar resposta ás dificultades: Aprendemos o valor da unión e do esforzo colectivo e a capacidade de superar con acerto os retos que temos por diante. O seu éxito serve para subir a nosa autoestima colectiva, máis aínda nestes tempos de dificultade que vivimos.
Na miña humilde opinión atopamos ante unha xeración excepcional do fútbol sala feminino, ante xogadoras que, con enormes doses de espírito competitivo, un gran equipo técnico e o apoio do club e do conxunto da sociedade e patrocinadores, téñense instalado definitivamente na elite do seu deporte.
Espero tamén que o devandito título sirva de pulo para obter novos éxitos e, nese camiño estou seguro, contarán con todos os mariñáns, cos galegos e cos apoios que se precisan para repetir outras moitas boas novas.
José Manuel Balseiro Orol
Secretario do Parlamento galego
















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



