· O conselleiro de Economía e Industria destaca o traballo conxunto na creación dunha botella deseñada por Sargadelos para o 140º aniversario da marca Mondariz
· Salienta ás dúas empresas, “enraizadas no máis fondo da cultura galega”, como exemplo de espírito emprendedor, innovación e internacionalización
Santiago, 13 de maio de 2013.- O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe a colaboración de Sargadelos e Aguas de Mondariz como exemplo para a innovación conxunta das empresas galegas, co fin de gañar competitividade nos mercados e xerar emprego. Conde participou na presentación dunha botella deseñada por Sargadelos para conmemorar o 140º aniversario de Aguas de Mondariz, un produto que o titular de Economía e Industria puxo como modelo dese traballo conxunto.
“Compartir a nosa capacidade de innovación é clave para a competitividade e o futuro das nosas empresas, e esta é unha aposta innovadora de dúas compañías que, xa por separado, confiaron os seus destinos á innovación”, dixo Conde. Neste senso, lembrou o recente proxecto de dixitalización dos deseños de Sargadelos, e as iniciativas de control medioambiental, renovación de procesos e creación de novos deseños de Aguas de Mondariz.
O conselleiro sinalou a ambas empresas, “enraizadas no máis fondo da cultura galega”, como modelos de espírito emprendedor, innovación e internacionalización, que destacou como os piares da estratexia de Galicia para voltar ao crecemento.
De eses tres piares, Conde fixo unha especial referencia aos procesos de internacionalización de ambas empresas, que contaron co respaldo da Xunta. O conselleiro sinalou a singularidade da saída ao exterior de Aguas de Mondariz e Sargadelos, porque repercute de forma especialmente positiva en Galicia. “Ambas exercen con éxito de embaixadores da nosa comunidade, o que repercute na percepción internacional da nosa cultura, e incide no turismo que chega a Galicia”, salientou.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



