O equipo do Pádel Ego de 2ª categoría asegurou esta fin de semana a súa clasificación para o play off da 1ª categoría, tras quedar segundo no grupo I de 2ª categoría. Os mariñáns conseguen este avance tras gañar cun contundente 5-0 ó equipo coruñés de Padelplus. As vitorias locais foron conseguidas polos irmáns Gradaílle, Pachi-Prosi, Diego Venancio, Jesús-Buckles e Cora-Carri. Este é un gran logro para o pádel mariñán xa que en tan pouco tempo un equipo opta a xogar na máxima categoría do pádel autonómico. A partir de agora os xogadores prepararán con gran entusiasmo a fase de ascenso que lles enfrontará ó Pádel Compostela.
5ª CATEGORÍA
Final con vitoria no derbi
O filial do Pádel Ego acabou a tempada cun gran triunfo ante o equipo burelés do Activity Center por un axutado 3-2. Os xogadores do Pádel Ego B despregaron un gran xogo que puxo contra as cordas aos xogadores visitantes. As vitorias locais foron acadadas polas parellas formadas por Mario-Miguel, Alex Arca-Varela e Berdeal-Diego Arca. Esta nova vitoria fai que o Pádel Ego B acabe a temporada na novena posición do ránking de equipos de 5ª, tendo moitas posibilidades de permanecer na categoría.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
