Cervo, 23 de maio de 2013-A edil Yolanda Pedreira lamentou hoxe “o malestar do PSOE porque Cervo conseguise un Grupo de Emerxencia Supramunicipal, a pesar da oposición dos socialistas”. Para Pedreira o seu enfado era “esperable” tendo en conta que “foron eles mesmos os que no seu momento fixeron todo o posible para impedir que Cervo tivese un parque de bombeiros”. Un servizo que nun principio “ía ter sede no noso municipio e que ao final, por decisión do PSOE, rematou noutro concello máis afín a eles”.
A edil laiouse tamén de que “o PSOE poña tanto empeño en que Cervo non sexa sede de nada, antepoñendo os seus intereses partidistas aos dos veciños”. Aínda así, e “a pesar dos esforzos dos socialistas, Cervo terá un Grupo de Emerxencias Supramunicipal, e niso tivo moito que ver que o alcalde de Cervo sexa vicepresidente da Fegamp”.
Uns GES que xa deron os seus primeiros pasos coa sinatura do convenio entre a Xunta, a Fegamp e a Deputación que tivo lugar esta semana en Lugo. Un acto ao que “o alcalde de Cervo acudiu, ao igual que todos os demais rexedores da provincia que serán sede dun GES” explica Pedreira, “á marxe de que tamén asistira como vicepresidente da Fegamp”.
Pedreira rematou asegurando que a diferenza entre o principal partido da oposición e o goberno de Cervo queda moi clara: “Mentres os socialistas traballaban para desviar o parque de bombeiros previsto para Cervo a outro concello, nós traballamos para atraer o GES a Cervo”.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



