O vindeiro sábado día 25 de maio un total de cinco atletas das Escolas Deportivas Lourenzá-Mondoñedo participarán
no CAMPIONATO GALEGO AUTONÓMICO para categoría infantil. Será en Lugo, nas pistas Gregorio Pérez a partir das 16,00 horas.
Representantes
Xana Rguez: probas de 80 lisos, 220 vallas e triple salto.
Lidia Barreira: 150 lisos así coma no triple salto.
Rubén Castro: 80 metros lisos.
Nerea Bajatierra: Lanzamento de Peso e Disco.
Ilyass Khaled: 1000 obstáculos e xabalina.