Os 22 alumnos e alumnas do colexio Sagrado Corazón de Ribadeo, que están a participar no concurso de guións radiofónicos Radiando Igualdade, viaxaron o pasado venres á bimilenaria cidade romana e visitaron as instalacións de Radio Lugo-Cadena Ser. Alí escoitaron atentamente as sabias explicacións que lles deu Paco Nieto, un dos homes máis carismáticos e emblemáticos da radio en Lugo. Os rapaces disfrutaron moito con este achegamento ao xornalismo radiofónico en vivo e en directo. O Centro de Información ás Mulleres de Ribadeo, o colexio Sagrado Corazón e Faro Norte Comunicación agradécenlle a Paco Nieto e a Radio Lugo-Cadena Ser a súa colaboración.
