A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, vén de supervisar as actuacións de mellora que o organismo provincial está a executar nas estradas da súa responsabilidade na Mariña co Plan de Rebacheo. Méndez estivo en Ourol, Ribadeo e Mondoñedo, Concellos onde a institución arranxa os 193 quilómetros das 37 vías provincias destes municipios. A Vicepresidenta tamén comprobou o estado no que se atopan os viales provinciais xa acondicionadas con esta programación. Son 60 estradas, con máis de 330 quilómetros, dos seguintes 6 municipios: Xove, A Pontenova, Riotorto, Viveiro, Burela e Cervo.
Unha vez rematadas estas últimas actuacións, serán 523 quilómetros de 97 estradas provinciais de 9 Concellos da Costa os arranxados con esta programación. É dicir, a Deputación levará acondicionado o 60% dos quilómetros da súa competencia nos municipios da Costa.
Nas vindeiras semanas, a institución continuará co desenvolvemento do Plan de Rebacheo, dotado de 5 millóns de euros, en Abadín, Alfoz, Barreiros, Foz, Lourenzá, Trabada, O Valadouro e O Vicedo, actuando, deste xeito, nas 97 estradas provinciais, con 900 quilómetros, dos 17 Concellos da Mariña.
Outras actuacións
Estes actuacións súmanse as levadas a cabo polo actual Goberno Provincial nos últimos anos. Por exemplo, o Executivo de Gómez Besteiro multiplicou por 10 o número de quilómetros con aglomerado en quente, e hoxe son 1.000 en toda a rede viaria provincial os que contan con este material. Ademais, o Executivo lugués acometeu dende a súa chegada á Deputación outras importantes melloras nas estradas da súa competencia, como a sinalización e balizamento das vías dos 67 Concellos lucenses. Entres outras actuacións, destacan: colocación de máis de 3.400 sinais (entre circulares, triangulares e stop), dun milleiro de paneis direccionais, para alertar da presenza de curvas perigosas, máis de 400 balizas de neve, moi necesarias en estradas de alta montaña; sinalizou mediante hitos quilométricos todas as estradas da rede provincial, coa súa denominación. En total, colocou máis de 4.000 unidades; ou instalou cerca de 13.000 metros de barreiras de seguridade e máis de 4.700 metros de proteccións de seguridade para motoristas.




















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



