Vicente Docasar reclama “vontade política e sensibilidade” para impulsar a formación do profesorado e tomar tódalas medidas para afrontar estes casos
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 13. O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, reclamou no Parlamento a elaboración dun protocolo conxunto entre as consellerías de Educación e Sanidade para combater o fracaso escolar que ameaza ao alumnado con Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade –TDAH-. Así o dixo no debate dunha pregunta oral, hoxe na Comisión de Educación do Parlamento de Galicia.
Advertiu que “non é unha cuestión de cartos, é unicamente unha cuestión de vontade política e de sensibilidade” e instou ao goberno galego a “aproveitar os recursos humanos existentes e démoslle á comunidade educativa un protocolo para mellorar as posibilidades escolares dos nenos e das nenas con TDAH”. Chamou ao goberno galego a “demostrar con feitos concretos a súa suposta preocupación polo fracaso escolar”.
Sinalou que a creación deste protocolo “representaría un salto cualitativo importante e permitiría avanzar na formación do noso profesorado” con relación a este trastorno “tanto en aspectos académicos como na xestión do referente á intelixencia emocional”. O obxectivo, sinalou, sería “reducir o fracaso escolar e as dificultades de desenvolvemento de habilidades académicas, motivación e autoestima do alumnado afectado”.
Docasar advertiu da importancia de preparar ao profesorado, que “descoñece bastante esta problemática” para permitir unha detección deste trastorno “á idade mais temperá posible e darlle unha resposta adaptada ás necesidades deste alumnado” na rede de centros públicos de Galicia.
Lembrou que, de non estar correctamente diagnosticado, tratado e atendido, un alumno con TDAH “ten moitas posibilidades de fracasar no sistema educativo”. Sinalou que este trastorno afecta a entre o 5 e o 7 por cento da poboación escolar de ensino obrigatorio, malia que “só se diagnostican axeitadamente un 25 por cento do casos”.
Apuntou que a realidade é que en Europa pode estar afectado por TDAH un de cada 20 nenos e adolescentes, a pesares do cal “moi pouca xente afectada recibe o diagnóstico e apoio adecuados debido á falla de concienciación pública, á estigmatización que rodea este problema e á falla de estruturas para detectar e diagnosticar o TDAH de maneira precisa e adecuada no tempo”.
Abandono escolar
O portavoz socialista sinalou que o risco de baixo rendemento académico, con “altas posibilidades de fracaso escolar, xa que moitos deles deixarán os seus estudos antes do remate da educación secundaria” pode salvarse cunha adecuada atención. Sinalou así os casos particulares de dous alumnos concretos con TDAH, estudantes de 4º de ESO e 6º de Primaria, que están a superar a súa situación grazas ao empeño das súas familias.
Reclamoulle ao goberno galego “a atención que merece” esta proposta “coa finalidade de poder contar no futuro con moitos casos como os dos rapaces Miguel e Víctor e as súas nais Pilar e Mercedes”.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



