A Escola de Imaxe e Son (EIS) da Fundación TIC, dependente da Deputación, abriu o prazo de preinscrición de matrícula para o curso 2013-2014. A EIS, o único centro da provincia que imparte ensinanzas da rama audiovisual, ofrece 44 prazas de primeiro dos ciclos superiores de Realización e Produción. Todos os interesados terán de prazo ata o 5 de xullo para apuntarse. Terán que presentar unha fotocopia do DNI, a certificación académica e cumprimentar o impreso que atoparán na web da Fundación (www.fundaciontic.org) ou na propia Escola. A documentación debe entregarse na sede do centro, na rúa Frei Plácido Rey Lemos s/n.
A listaxe provisional de admitidos, de solicitantes que quedan en lista de espera e de excluídos publicarase 8 de xullo no taboleiro de anuncios do centro e na web da TIC. Os días 9 e 10 estará aberto o prazo de reclamacións e o 11 publicarase a listaxe definitiva. A matrícula poderá formalizarse dende o 12 ó 19 de xullo, na sede do centro educativo en horario de 9:00 a 14:00 horas. Tanto o impreso como a documentación correspondente, poden descargarse a través da web da Fundación.
A inserción laboral como prioridade
A Deputación manterá a gratuidade da matrícula por sexto curso consecutivo para todos os alumnos, agás para os repetidores. Deste xeito, o organismo provincial aposta, un ano máis, por unha educación pública de calidade e, o mesmo tempo, por fomentar a cultura do esforzo .
A Escola de Imaxe e Son de Lugo imparte 2.000 horas lectivas, distribuídas en dous cursos formativos, nos que teñen moito peso as prácticas en escenarios reais. Entre os obxectivos prioritarios da Fundación está o de facilitar a inserción laboral dos seus alumnos. Na actualidade a TIC mantén colaboracións con máis de 70 empresas nacionais do sector multimedia e ten asinados máis de 100 convenios con ONGs, asociacións culturais e entidades deportivas para difundir o seu labor mediante a realización de proxectos audiovisuais. Isto permite ós alumnos e titulados da Escola de Imaxe e Son levar a cabo traballos profesionais que lles facilitan a súa incorporación ó mercado laboral.





















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



