Mariña lucense, 3 de xullo de 2013.- O decisión do eurocomisario socialista Joaquín Almunia respecto da devolución das axudas concedidas a través do tax lease pon en perigo a continuidade de preto de 300 empregos nos estaleiros da Mariña lucense e do occidente asturiano.
Desde o Partido Popular o secretario do Parlamento de Galicia e deputado mariñán José Manuel Balseiro, pide ao PSOE autonómico, provincial e aos socialistas da comarca que exerzan a presión necesaria co seu compañeiro de partido Almunia, para que rectifique a evite a morte do naval.
Os populares teñen previsto rexistrar iniciativas de apoio ao sector dos estaleiros navais en todos os concellos da comarca rexeitando esta decisión arbitraria do dirixente socialista. Desde o PP lembran tamén que se trata dunha proposta discriminatoria se a comparamos co que se ten feito noutros casos semellantes que afectaban ao sector naval, como o francés e, polo tanto que de aplicarse suporía un claro agravio comparativo. Balseiro di ademáis que a decisión de Almunia ten moi pouca lóxica xurídica, porque non se pode permitir que se aplique retroactivamente a devolución dunha subvención fiscal que, de acordo co réxime xurídico español, era perfectamente válida ata o momento que se declarou que non cumpría a normativa comunitaria.
“A Joaquín Almunia non lle pedimos patriotismo, só xustiza e que aplique en España as mesmas decisións que adoptou para outros países da UE”-explicou Balseiro
Os populares lamentan o silencio do PSOE provincial e comarcal neste asunto o que debe engadirse á posición nada coherente dos seus dirixentes a nivel autonómico. “Os socialistas serán sempre benvidos á defensa do naval. Pero esperemos que adopten unha postura firme e definitiva. Pois en apenas 48 horas pasaron de non subscribir un manifesto en apoio do sector a pedir a cabeza de Almunia”
REACCIÓN DA XUNTA
Fronte a falta de reacción dos socialistas desde o PP poñen en valor o traballo que o presidente Feijóo forxou xunto a Asturias, País Vasco e o Ministerio de Industria unha posición común que evite a decisión avanzada a semana pasada por Almunia.
Con todo o PP subliña que a decisión non é definitiva e que queda menos dun mes para que esta se poida corrixir. “Quen ten a chave neste asunto é un socialista que está a piques de pasar á historia como a persoa que puxo punto e final a decenas de anos de tradición naval en Galicia”.
Segundo o PP é incoherente que Europa por unha banda conceda fondos comunitarios para combater o desemprego e ao mesmo tempo tome unha decisión que só en España destrúe 87.000 postos de traballo, preto de 300 na Mariña lucense e o occidente asturiano.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



