Éxito de participación na Escola de Minitalentos que a Academia A Mariña puxo en marcha este verán en Burela. O centro dispón de zona de creatividade e imaxinación, dun escenario para o taller de intelixencia educativa e dunha aula de expresión corporal. A Escola de Minitalentos de Academia A Mariña pretende “potenciar la creatividade, a imaxinación e o talento infantil”. O centro abre as súas portas de luns a venres de 9 a 14 horas, “co obxectivo de que os pais e nais podan conciliar a súa vida laboral e familiar durante o verán.”





















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



