Cervo, 8 de xullo de 2013.- O Partido Popular denunciou este luns 8 de xullo que unha vez máis os integrantes do Colectivo Sanitario de Cervo “perderon os papeis” cando esta fin de semana tiveron a ocorrencia de dar un aviso a través da orquestra que actuaba nas Festas de Santa Isabel para facer publicidade da súa campaña de recollida de sinaturas en contra da supresión dun facultativo no centro de saúde de San Cibrao.
“Están tan obsesionados con politizalo todo que nin son capaces de respectar as festas. Un entorno lúdico e festivo como era o desa noite non debe ser empregado para facer este tipo de anuncios e nos consta que causou grande malestar entre o público asistente que entendía que este tipo de comportamentos están fóra de lugar”
O PP entende que a recollida de sinaturas está dirixida aos veciños do pobo, e non aos que viñan de fóra e estaban escoitando naquel momento as orquestras e, en todo caso, que para pedir sinaturas hai moitas oportunidades e espazos máis apropiados sen necesidade de utilizar unha festa local.
“Este tipo de detalles son os que mostran unha vez máis que este colectivo está politizado, e que todo o pretenden politizar”, tal e como vén denunciando o Partido Popular desde que tivo lugar o polémico pleno do concello no se tratou a situación sanitaria local.
XIRO RADICAL
Os populares din que é lóxico e comprensible o goteo de abandonos que está sufrindo este colectivo por parte das asociacións de maior importancia do concello e están seguros que moitas das asociacións que aínda forman parte del están replanteándose a súa participación por non compartir “o xiro radical” que caracteriza aos últimos actos de protesta organizados por este colectivo
“Agora son incapaces de respectar unha festa. Pouco antes convertían a súa concentración diante do concello nun cúmulo de gritos e insultos. Son moitas as persoas que non se poden sentir representados por estes actos”, conclúen desde o PP.
















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



