O Campo de Bolos de Sumoas acolleu o segundo Maratón de Bolos Concello de Xove que se celebrou esta pasada fin de semana, entre o sábado 6 e o domingo 7 de xullo, coa participación de xogadores de toda a Provincia de Lugo e algúns xogadores asturianos. Os xogadores de Ourense e do Val Miñor non puideron desprazarse, como fixeran o pasado ano, por problemas de axenda.
O Maratón comezou o sábado 6 ás 15:00 horas, xogándose continuamente ata as 4: 30 da madrugada. Durante a mañá do domingo 7 disputáronse as semifinais e finais das distintas categorías.
O alcalde do municipio, Demetrio Salgueiro, e a Concelleira de Deportes, Cristina Iglesias, desprazáronse o domingo ata o campo de Sumoas para presenciar a final e presidir a entrega de trofeos aos gañadores e gañadoras.
A clasificación das diferentes categorías foi a seguinte:
CATEGORÍA ABSOLUTA:
CAMPIÓN: Ginés Rodríguez Fernández (Club de Bolos Xove)
SUBCAMP IÓN: Moisés Salgado Pol (Club Cruceiro de Meilan)
TERCEIRO: Cristian Rodríguez Baño (Club de Bolos Xove)
CATEGORÍA FEMININA:
CAMPIOA: Dolores Baño Fraga (Club de Bolos Xove)
SUBCAMPIOA: Belen Meitin Rouco (Club de Bolos Xove)
TERCEIRA: Mari Carmen Roca Corral (Club de Bolos Xove)
SEGUNDA DIVISIÓN:
CAMPIÓN: Francisco Pérez González (Club de Bolos Xove)
SUBCAMPIÓN: Jordi Meitin Serantes (Club de Bolos Xove)
TERCEIRO: Adan Rodríguez Roca (Club de Bolos Xove)
CATEGORIA VETERANOS:
CAMPIÓN: Arturo Rodríguez Álvarez (Club de Bolos Xove)
SUBCAMPIÓN: José María González (Club de Bolos Xove)
TERCEIRO: Modesto Albo (Non federado)
CAMPIÓN DE DESQUITE: Luis Rancaño Bouso (Club Cruceiro de Meilán)
CAMPIOA DESQUITE: Belén Meitin Rouco (Club de Bolos Xove)






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
