José Ramón Gómez Besteiro, aspirante á secretaría xeral do PsdeG, continúa percorrendo Galicia con varias reunións previas á recollida de avais que comezará este luns. O socialista estivo na noite deste xoves coa militancia da comarca da Coruña en Culleredo, e este venres mantivo varios encontros con militantes e cargos de Pontevedra e Vigo.
Besteiro seguirá realizando visitas ata completar todas as comarcas e provincias da comunidade na carreira ata a consulta do 7 de setembro. Para a fase de recollida de avais, o aspirante á secretaría xeral presentará o mesmo luns un blog co que quere achegar o seu proxecto aos militantes e facilitarlles a entrega dos apoios á súa candidatura a través de internet.
No encontro de onte á noite en Culleredo reiterou o seu “compromiso persoal e político” de non presentarse ao Congreso se previamente non gaña a consulta a toda a militancia. Asimesmo, incidiu en que para el “todos os votos valen o mesmo”, polo que animou a todos os compañeiros e compañeiras de Galicia a “participar dun proceso que abre camiño e que debe ser un exemplo” para as demáis forzas políticas. “Temos a oportunidade de demostrar que hai partido e que a posición das bases é vinculante e definitiva para definir o rumbo do PsdeG e de Galicia nos próximos anos”.


















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



