O Viveiro FSF acadou o triunfo no II Torneo de fútbol 7 de Landrove, ao derrotar na final por un contundente 4-0 as United Girls.
O paso do Viveiro FSF polo torneo foi incontestable, xa que nos partidos do grupo A, derrotou por 4-1 ao Optica Xove e por idéntico resultado ao Chealsea, mentres que no terceiro partido do grupo goleo por un contundente 7-0 al Asturgali.
Xa na final o xogo combinativo do Viveiro FSF impúxose claramente a proposta dun xogo mais directo que fixeron as xogadoras do United Girls que en todo momento víronse superadas polo xogo de toque dunhas xogadoras acostumadas ao fútbol sala e que se adaptaron perfectamente ao estado un tanto irregular do terreo de xogo.
A xogadora do Viveiro FSF Marta Fra resultou a máxima goleadora do torneo.
Con este torneo o Viveiro FSF pecha a súa tempada a espera do mes de setembro, cando comenzaran a preparar a vindeira tempada, na que de novo competiran na Ligar Provincial Feminino de fútbol Sala.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
