Nota de Prensa
O Goberno de Zapatero rectifica a situación actual, coa lancha que debería operar na nosa comarca amarrada no porto de Ribadeo e avariada durante meses, e dá a razón aos populares que alertaban ante a vulnerabilidade da nosa costa fronte ao narcotráfico e outras actividades ilegais
OS POPULARES FELICÍTANSE PORQUE AS SÚAS DENUNCIAS TIVERAN ÉXITO E VIXILANCIA ADUANEIRA DESPRAZARA UNHA NOVA EMBARCACIÓN Á MARIÑA LUCENSE
• En todo caso o PP manterá as iniciativas rexistradas no Parlamento Galego, nas Cortes Xerais e nos distintos concellos porque entende que a solución non pasa por “parches provisionais, senón polo reforzo definitivo deste servizo”
• Segundo Vixilancia Aduaneira os traballos de reparación da embarcación que operaba na Mariña poderían prolongarse durante tres meses, un tempo excesivo segundo os populares que lembran que nese período é posible incluso construír unha embarcación nova e sen avarías nun estaleiro.
A Mariña, 28 de maio de 2009.- Os populares da Mariña lucense felicítanse despois de que as súas denuncias públicas tiveran éxito, e por fin, o Goberno de Zapatero decidiu o traslado dunha nova embarcación de Vixilancia Aduaneira para substituír á que ten a súa base de operacións na nosa comarca e que permanece desde fai varios meses avariada e amarrada no porto de Ribadeo. O PP comarcal desenvolveu nas pasadas datas unha ofensiva que incluía a presentación de diferentes iniciativas no Parlamento de Galicia, nas Cortes Xerais e nos distintos concellos, poñendo de relevo a vulnerabilidade da nosa costa fronte ao narcotráfico e outras actividades ilegais. Todo iso como consecuencia da falta de operatividade dos medios de titularidade pública dispostos polo Goberno central para a vixilancia e control do noso litoral.
En todo caso, o PP adianta que manterá as iniciativas descritas porque entenden que a solución non pasa por “parches provisionais” senón por un compromiso real para o reforzo destes servizos de vixilancia e control. Máis en concreto, lembran que é necesario reforzar o cadro de persoal e os medios técnicos de Aduanas (Vixilancia Aduaneira) con zona de operacións en todo o litoral comarcal.
Pero a rectificación do Goberno central, consecuencia das denuncias públicas dos populares non chega a ser totalmente satisfactoria xa que, segundo adiantan desde a propia administración, os traballos de reparación da lancha avariada poden prolongarse por máis de tres meses, aos que temos que engadir os xa leva amarrada. Falamos dun período “excesivo” a xuízo do PP se temos en conta que construír unha embarcación destas mesmas características, nova e sen avarías, pode facerse nese mesmo tempo.





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



