“A pouca atención en mantemento das praias, a falta de limpeza no pobo, a mala xestión en recollida de residuos, son aspectos que se terían que corrixir” no municipio focego segundo manifestan dende Unifoz.
“Á marxe do exposto, a nula sensibilidade deste goberno cara a atención e promoción turística do noso pobo, queda de manifesto, tendo en conta que despois de dous anos de desgoberno, non fixeron nin unha sola acción de promoción do noso pobo no exterior”, explica Jaime Cancio, voceiro da formación.
“Pero o que nos parece máis grave e que a atención aos turistas teña baixo mínimos, pois a oficina de turismo está pechada durante a fin de semana, xustamente cando sería necesario reforzar o servizo con máis persoal”, engaden dende o grupo municipal de Unifoz.
Ademais, critican que “a nula xestión con outras administracións (Xunta e Deputación), e falta de reorganización puntual de persoal, a non instalación da Bibliopraia con persoal voluntario ou a non contratación de persoal temporal, nos converten no único pobo da Mariña cunha tan deficitaria atención turística”.
Por iso, Unifoz pídelle ao alcalde que “deposite folletos turísticos do noso pobo polos establecementos do mesmo para que os visitantes podan coñecer a información básica do mesmo, vistas as circunstancias e a súa negación para corrixir a situación”.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



