Foz, 7 de agosto de 2013. Alumeados públicos das parroquias focenses de Cangas, Fazouro e Nois foron mellorados coa instalación de luminarias de baixo consumo, para aforrar enerxía, e tamén se substituíron algúns postes de madeira, que estaban moi deteriorados, por outros de formigón. Esta obra, que se levou a cabo dentro do plan POS da Deputación Provincial de Lugo, acaba de ser recepcionada polo Concello de Foz, tal como anunciou hoxe o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural e Obras, Pedro Fernández Manín.
“O Concello de Foz acaba de recepcionar a obra de mellora de alumeados públicos nas parroquias de Nois, Cangas e Fazouro. Tiñan lámpadas con barras chamadas villaplanas, que foron cambiadas por farois de baixo consumo con tres niveis, o que vai supoñer un aforro do consumo de enerxía e mellor servizo a todos os veciños”, explicou Fernández Manín, quen engadiu que esta obra “foi financiada por medio do plan POS, entre a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Foz ao 50 por cen. Custou preto de 25.000 euros”.
O concelleiro de Medio Rural e Obras tamén comentou que esta actuación “supuxo un cambio de 121 puntos de alumeado nestas tres parroquias, nunhas máis que noutras porque, por exemplo, estaban máis deterioradas en Cangas que nas outras dúas. E en Nois, concretamente no barrio de Cabanas, tamén substituímos as luminarias que había polas de baixo consumo. Ademais cambiáronse con cargo ao Concello varios postes de madeira, que estaban totalmente deteriorados, por outros de formigón”.
Pedro Fernández Manín rematou explicando que esta obra era necesaria porque “aparte de servir para reducir o consumo eléctrico había farolas que estaban caendo”.




















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



