Os Sendeiros de Foz realizaron este sábado 17 de agosto unha das rutas de verán pola comarca de Foz coa participación de 38 sendeiristas. Nesta ocasión a ruta foi de 13 km. nun percorrido polos picos máis altos deste concello: Alto de Virín e Pico de Corneria. Estas rutas están dedicadas aos turistas que pasan as súas vacacións en Foz, denominadas Sábados de Agosto, nas que tamén pode participar todo o que queira. O vindeiro sábado 24 realizarase a ruta por Frouxeira e San Acisclo.
Sábados de Agosto por Foz
Sábados de Agosto por Foz
Relacionado
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela
-
45 alumnxs do IES de Foz graduáronse este mércores nun acto emotivo e divertido