Esta fin de semana 20 dos palistas máis novos do Club Kayak Foz: benxamíns, alevíns e infantís, desprazáronse a disputar sendos campionatos galegos: o de benxamíns e alevíns a Narón o sábado e o de infantís a Boiro o domingo.
Campionato Galego de Piragüismo Alevíns e Benxamíns
O sábado, na zona do paseo marítimo de Xuvia, en Narón, disputouse o Campionato Galego de Piragüismo para alevíns e benxamíns na distancia de 1.500 metros. Cunha temperatura que rondaba os 25º, os noso novos palistas saíron á auga a disfrutar dunha boa mañá de regatas. As mangas, unha a unha, fóronse sucedendo dando grandes sorpresas para o noso club.
Comezaron as máis pequenas, na manga de Muller Benxamín K1, na que María entraba ocupando a quinta praza, Laura a sexta e Marta a decimoquinta posición da regata.
A quenda seguinte foi para os homes Benjamín K1. Enrique, Iago e Isaac entraban en acción, sendo o mellor colocado Enrique que pasou a ocupar a sétima posición. Iago e Isaac remataron na praza 60 e 67 despois de volcar o primeiro remontando posicións.
As alevíns kayakistas Paola, Lidia e Adah, zarparon na súa manga cunha moi boa saída e aínda que levan as tres menos de dous meses remando finalizaron a regata nas posicións 13, 31 e 37, respectivamente.
E chegaba a quenda de Pablo, Santi y Brais, os alevíns B do Kayak. Estes tres rapaces, curtidos xa en máis regatas souberon buscar a zona boa para a saída entre os 69 barcos que ocupaban a liña de boias. Finalmente acadaron os postos 18, 30 e 41.
A última regata a disputar sería a que máis alegría daba a un Kayak xa máis que satisfeito polos resultados que alcanzaran todos os rapaces. Saíron á auga os alevíns A do club; Xoel e Iago. Coa saída nula dun grupo de palistas que se lanzou a regatear, os participantes na categoría tiñan que volver tomar a saída que os focegos aproveitaron con astucia e picardía para conseguir situarse na boa zona de saída. Xoel e Iago saíron no grupo de cabeza e aí continuaron ata a primeira ciaboga onde a mala sorte, en conxunción cos seus inmediatos rivais arrinconaron a Iago de tal forma que a saída do atolladeiro era saltarse a boia… A pesar disto continuou en regata, mentres que Xoel poñía “pes en polvorosa” e lles ensinaba a popa azul do seu barco ós seus inmediatos perseguidores. A carreira continuou con esta tónica, Xoel marcando e os seus perseguidores sen poder facer outra cosa que seguir a súa estela na auga. Pola súa parte, Iago continuaba en regata en oitava posición, sabendo que o salto da boia, ó final, lle ía pasar factura. Cando xa enfilaban o último tramo da regata, con Xoel véndose gañador, a desgraza volveuse a cebar con Iago que, por efecto da marea, encallou nunhas rocas que antes estaban somerxidas. A perda de minutos intentando saír dese “atasco” non serviu de nada; xa que lle caeu a descualificación polo salto da boia na primeira ciaboga.
A explosión de alegría entre os palistas e afeccionados desprazados do Club Kayak foi inmensa cando Xoel cruzaba en solitario a liña de meta erixíndose como o novo Campión Galego Alevín A na distancia de 1.500 metros.
Con estes resultados, o Club Kayak de Foz ocupou finalmente, entre os trinta e catro clubs inscritos, un máis que meritorio décimo terceiro posto na clasificación xeral con 737 puntos.
Campionato Galego Infantil K1/C1 3000 metros
E o domingo foi a quenda para os infantís coa participación de 4 palistas no campionato Galego Infantil K1/C1, na distancia de 3.000 metros. A cita estaba fixada ás 16:00 horas en Boiro e cara alí encamiñouse la mini-expedición; pero, finalmente, disputaríase nas instalacións do club Náutico de Cabo de Cruz.
Alexis, Juan, Paco e Noel tiveron que facer un exercicio extra de concentración para tratar de buscar a zona boa do campo de regatas jalonado de barcos e boias de amarre. Os catro palistas saíron á auga e andaron listos ó facerse con boas posicións de saída entre os 69 palistas que ían disputar esta manga, entre eles, o vixente campión de España da disciplina, Francisco Silva do Club Cofradía Pescadores Portonovo.
Os do Kayak de Foz pelexaron metro a metro ata a primeira ciaboga. A regata se disputaba sobre dúas voltas a un circuíto de 1.500 metros, estando unha das ciabogas cercana á liña de saída. Despois dos primeiros 1.500 metros, no primeiro paso pola liña de meta, as posicións estaban bastante claras, xa que cada un buscaba adaptarse ao seu mellor ritmo posto que quedaba aínda unha volta completa ó circuíto.
En primeiro lugar, e destacado, apareceu Francisco Silva del Club Cofradía Pescadores Portonovo na liña de meta seguido en segundo lugar e a 29 segundos por Samuel Villanueva do CP Verducido-Pontillón e por Marcos García Lestón do CP Taxamar a 38 segundos ocupando a terceira praza do caixón.
No posto 18 entraba o primeiro infantil do Kayak, Alexis Navas, cun tempo de 13:55 a 1:52 do vencedor. 12 segundos máis tarde facíao Juan Rivas ocupando o posto 20, cun tempo de 14:07. Paco Fernández entraba no posto 39 a 3:54 do vencedor e Noel García facíao no posto 51 a 5:16 do vencedor.
A nivel de club e con tan so catro participantes, a clasificación xeral foi discreta, ocupando a praza 23 cun total de 676 puntos.
Dende o Club Kayak de Foz felicitan a todos os benxamíns, alevíns e infantís por esta gran fin de semana de piragüismo; aínda que a tempada non rematou. Quedan por desputar dúas regatas da Liga Deputación (Ribadeo e Foz).
E falando de felicitacións, non esquecen o traballo dos adestradores, Nacho e Vanessa, polas horas dedicadas a este deporte e polo seu esforzo que, de seguir así, se verá recompensado o vindeiro ano.



















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
