Cervo, 22 de agosto de 2013.- As localidades de Cervo e San Cibrao recibirán os días 30 e 31 de agosto a visita de grupos e colectivos procedentes dos concellos pontevedreses de Vila de Cruces e Catoira así como do municipio portugués de Viana do Castelo, que ofrecerán representacións e espectáculos típicos das súas zonas. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Begoña Alonso, o presidente de Airiños do Xunco, Rafa Blas, a presidenta de Amigos da Maruxaina, Chus Méndez, e a tesoureira, María Teresa Rouco participaron hoxe na presentación da programación prevista para eses días.
En concreto, os actos comezarán o día 30 na praza do Souto de Cervo, coa exhibición dos xenerais de Merza (Vila de Cruces), ás 20:30 horas. Máis tarde, ás 22:00 horas, arrincará a Queima de Judas, unha representación orixinaria de Monserrate, en Viana do Castelo. O grupo de baile, cantareiras e gaiteiros de Airiños do Xunco animará a xornada. O día 31 os actos desenvolveranse na praza dos Campos de San Ciprián, onde haberá unha representación teatral baseada no desembarco viquingo de Catoira ás 20:30 horas, seguido do Auto da Floripes típico de Neves, en Viana do Castelo. Nesta ocasión a animación correrá a cargo do grupo de gaiteiros de San Cibrao.
Todas estas actividades forman parte dun programa máis amplo chamado Eixpressoes 2013, que naceu en 2011 a raíz do proxecto Viana do Castelo-Capital da Cultura do Eixo Atlántico e no que participan numerosos municipios de Galicia e Norte de Portugal que intercambian experiencias culturais e artísticas. Nesta terceira edición os actos concentráronse en tres vilas diferentes, como son Largo das Neves e Viana do Castelo, ambas en Portugal, e Cervo, a única localidade galega que se converte en punto de encontro do proxecto este ano.
No caso de Cervo, as asociacións Amigos da Maruxaina e Airiños do Xunco foron o nexo de unión con Eixpressoes 2013 e os organizadores das actividades que se desenvolven no municipio, e coas que tamén colaborou o Concello de Cervo. Pero ademais de recibir a visita destes grupos, ambas entidades estiveron xa en Portugal, ata onde levaron as súas representacións máis tradicionais. En concreto, Amigos da Maruxaina estivo no mes de xullo en Largo das Neves ofrecendo a representación do xuízo á Maruxaina así como a música dos gaiteiros de San Cibrao, mentres Airiños do Xunco levou a Queimada Popular a Viana do Castelo así como o baile e a música do grupo folclórico.
A edil de Cultura asegurou que o proxecto do Eixpressoes “es un marco ideal para compartir e intercambiar la riqueza cultural y artística de Galicia y el Norte de Portugal y favorecer las relaciones y el conocimiento mutuo entre ambas zonas”.




















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



