Cervo, 23 de agosto de 2013-A edil de Cultura e Turismo, Begoña Alonso, lanzou este venres un reto ao grupo municipal socialista, despois de que criticase as axudas que outorga a Xunta ao Concello de Cervo para a celebración das festas de Interese Turístico Galego. “Invitamos al PSOE cervense a que consiga que la Diputación iguale el importe de las subvenciones de la Xunta a nuestras fiestas” asegura Alonso, “aunque para eso tendrían que gastar, por lo menos, 10.000 euros”, os mesmos que destinou a Xunta á festa do Ourizo e á da Queimada, fronte aos pouco máis de 1.000 euros que dedicou a Deputación a unha destas celebracións.
En canto á Maruxaina, a edil explicou que a subvención de 3.500 euros solicitada á Xunta non foi concedida por erros técnicos e que o Concello está traballando para subsanalos. Polo tanto, a administración local conta con dispoñer tamén desa axuda, de forma que “para igualar las aportaciones de la Xunta, la Diputación tendría que destinar los mismos 13.500 euros que el Gobierno autonómico”. “Que no se preocupen los socialistas que en cuanto recibamos la confirmación de la subvención por parte de la Xunta se lo haremos saber y entonces comprobamos si la Diputación apoya las fiestas de interés turístico en la misma medida que la Xunta” engade Alonso.
Neste sentido a edil destaca que “la Xunta abrió una línea específica de ayudas para fiestas con esta distinción”. Polo tanto, para Alonso resulta “irrisorio” que o PSOE de Cervo critique “a una institución implicada en apoyar las fiestas de Interés Turístico Gallego cuando la Diputación, de la que forma parte una edil de Cervo, no pone ningún interés en colaborar”.
Alonso pídelles aos socialistas que “tengan decencia” especialmente cando a Deputación “es la que discrimina nuestras fiestas, ya que aporta cero euros a la del Erizo, cero euros a la Maruxaina, y poco más de mil euros a la Queimada”. Ao mesmo tempo, a edil defende que “los vecinos, las empresas, la Xunta de Galicia y el Concello son los que hacen posibles las fiestas de Interés Turístico Gallego que se celebran en Cervo”. Alonso destaca que “la gran ausente en la contribución a estas fiestas es la Diputación, que nunca está ni tampoco se la espera”.

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



