Ribadeo, 26 de agosto de 2013.- O presidente do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad dixo este luns en rolda de prensa que os veciños non poden entender que, se tal e como asegura o alcalde, todos os integrantes do goberno local teñen traballo fóra da política continúan amparando que se está a cometer unha presunta malversación de fondos desde a Deputación provincial a través da trama de asesores.
O dirixente popular volveu a insistir hoxe en rolda de prensa na necesidade de que o alcalde de Ribadeo explique como é posible que un dos seus concelleiros, Vicente Castro, estea a soldo da Vicepresidencia da Deputación provincial e traballe en exclusiva para o concello, uns feitos que están en mans da Xustiza
O ALCALDE PERDE OS NERVIOS
Jesús López Penabad lamentou que en vez de dar as explicacións axeitadas sobre este tema o alcalde perda os nervios e incida no ataque persoal contra a súa persoa burlándose nun tema tan sensible como é o desemprego, unha resposta desproporcionada que o converte en indigno para seguir exercendo o posto de traballo que ocupa.
Para o dirixente popular esta actitude nerviosa e resposta crispada do alcalde amosa que a esixencia de explicación por parte do Partido Popular “pincha en oso” e, polo tanto, poñían en coñecemento público uns feitos canto menos irregulares sobre os que, coa estratexia de xerar cortiñas de fume e outras polémicas, pretenden agochalos sen dar explicacións.
MILITANCIA POLÍTICA
López Penabad lamentou que Suaréz Barcía insiste en descualificacións de tipo persoal sobre a súa persoa e insistiu en que a diferenza dos asesores nomeados a dedo, el nos seus empregos paseou por un proceso de selección cos principios de mérito e capacidade. Pola contra atribuíu ás palabras de Suárez Barcia a un recoñecemento explícito do que fai como alcalde, “xestionar e contratar probablemente en función da militancia político do traballador de turno”.
O presidente dos populares de Ribadeo rematou asegurando que Ribadeo ten “un alcalde indigno do seu posto, cunha importante falta de responsabilidade tanto dende o punto de vista político como dende o punto de vista dos valores éticos. É inadmisible que cando dende o PP esiximos explicacións ante esta flagrante irregularidade, Suárez Barcia evite calquera explicación e que se vexa abocado a recorrer ao ataque persoal para defender un tema político”.

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



