O pavillón municipal de Xove acollerá o sábado 31 de agosto ás 21.00 horas un festival folk con baile e música tradicional ambientado nunha taberna típica da nosa terra. Trátase do XXXI Festival da Asociación Cultural Saiñas que, nesta ocasión, contará cun completo espectáculo de música e baile tradicional inspirado no establecemento Casa Abad de Xove. A A. C. Saiñas invita a todas aquelas persoas que gosten da nosa tradición a asistir ao mesmo con entrada libre e gratuíta.
A Taberna – Festival AC Saíñas
A Taberna – Festival AC Saíñas
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón