A programación deportiva das festas do Conde Santo en Lourenzá xa foi presentada e contará co XVI día da bici e con dous trofeos de fútbol, un infantil e outro sénior.
VENRES, 30 AGOSTO:
18,00 Horas. XVI DÍA DA BICI. Praza Conde Santo
Organiza a Comisión de Festas do Conde Santo e as Escolas Deportivas Lourenzá. Colabora na mesma o Concello de Lourenzá, Motos Santalla, La Voz De Galicia, Pastelería Cabaleiros e Protección Civil.
A saída será da praza do Conde Santo ás 18,30 horas. Recorreremos varias pistas dentro do Concello de Lourenzá o avituallamento será na área recreativa da Cazolga. Despois de repoñer forzas, reanudaremos a marcha para chegar de novo a Lourenzá(Cantón) sobre as 19,30 horas. Ó finalizar a proba sorteo dunha mountain bike entre todos os participantes. Camisetas ós 100 primeiros anotados. Apertura inscricións: 17,00 horas. A partir de 8 anos.
SÁBADO, 31 AGOSTO:
18,00 Horas. TROFEO FÚTBOL INFANTIL. Municipal Sta. Cruz.
E.D Lourenzá Mondoñedo / A.D. Porto de Burela
19,30 Horas. TROFEO FÚTBOL XUVENIL. Municipal Sta. Cruz.
E.D. Lourenzá Mondoñedo / S.P. Pontenova.
DOMINGO, 1 SETEMBRO:
TROFEO TRIANGULAR FESTAS CONDE SANTO 2013. Municipal Sta. Cruz.
18,00: Lourenzá / Foz.
18,45: Foz / Mondoñedo.
19,30: Lourenzá / Mondoñedo.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
