Riotorto- 27 de agosto de 2013.- O Partido Popular de Riotorto quere a residencia para Riotorto e non permitirá máis mentiras. Así de contundentes o puxeron de manifesto dende a agrupación municipal e para o cumprimento deste obxecto están a poñer en marcha unha serie de accións dirixidas a que o municipio poda contar coa citada infraestrutura.
Ademais da solicitude do pleno extraordinario no que os populares demandarán iniciar as xestións oportunas para que Riotorto non perda a dotación orzamentaria destinada a creación da residencia; os populares tamén repartirán un díptico informativo polas casas no que se recolle a “verdade amparada en documentación obxectiva” sobre os motivos que provocaron que hoxe non teña garantida unha residencia para o municipio.
Dende o PP local aseguran que os veciños non se merecen tantas mentiras e “teñen o dereito de coñecer a verdade”, ao tempo que lle achacan a Federico Gutiérrez a súa actitude e lle reproban que “nos bares non se realizan as xestións, nin se conseguen infraestruturas para o municipio”.
“Riotorto non se pode permitir o luxo de perder esta infraestrutura tan demandada e necesaria para o noso municipio”, polo que, matizan os populares, levaremos a cabo tantas xestións sexan posibles para que o financiamento aportado pola Deputación “chegue ao seu destino e se converta nunha residencia e nun centro de día para a localidade”.
Estaremos ante un proceso no que imperan actitudes caciquis ou por beneficiar a algún amigo?
“Estaremos ante un proceso no que imperan actitudes caciquís ou por beneficiar a algún amigo?” , pregúntanse os populares no seu díptico informativo despois de analizar a evolución da xestión do rexedor do alcalde en relación coa adquisición dos terreos.
No pleno de febreiro de 2011, ratifícase o expediente para a compra da parcela onde se asentaría a residencia. O PP pregúntase polo motivo que levou ao rexedor local a tentar adquirir uns terreos que non cumprían cos requisitos, a maiores de denunciar que se lle negase acceso ao expediente de compra das parcelas.
Que se ocultaba?”, reiteran os populares, ao caso “terían os expedientes informes negativos?”, matizan. “O que está claro e que a día de hoxe se devolveu o préstamo para a compra destes terreos”, explican os populares, feito que pon de manifesto que o rexedor local “non está a traballar para que o municipio conte con esta infraestrutura e non perda a dotación orzamentaria destinada a tal fin”.
Evolución da xestión chea de mentiras
“Os veciños non se merecen tantas mentiras por parte dun rexedor municipal”, así o expoñen os populares que explican que o préstamo para a adquisición dos terreos da residencia se concerta en abril de 2010, e un mes despois Federico Gutiérrez anuncia que o Concello proxecto con capital público e privado un xeriátrico que crearía 30 empregos –despois reducen xa de 11 a 15 esta creación de emprego-.
Ante esto, os populares explican que primeiro se trataba dun proxecto con participación privada e posteriormente o propio rexedor manifestou que sería a Deputación a encargada de construír e xestionar a Residencia, iniciándose o expediente de adquisición dos terreos en novembro de 2010.
Xa na Feira do Ferro do ano 2012, o alcalde aseguraba que o concello xa tiña adquiridos os terreos, sen embargo en agosto de 2013, os medios de comunicación recollen que Riotorto renuncia a residencia, asemade aprobase a devolución do préstamo contratado para adquirir os terreos que non se chegaron a comprar, e que xa xerou uns intereses.
A situación é que a día de hoxe, Riotorto non dispón dunha residencia que suporía un investimento de 1.400.000 euros e que crearía postos de traballo, dando servizo aos máis necesitados, polo que os populares se preguntan se estará este investimento pactado con outro concello.

















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



