Lugo, 30 de agosto de 2013.- O secretario xeral do Partido Popular na provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro esixiu este venres ao PSOE que faga públicas as cartas que Besteiro enviou a Zapatero e a Pepe Blanco durante oito anos de paralización do corredor da costa e outras infraestruturas vitais para a provincia, que sufriron un importante freo cando os socialistas tiñan a responsabilidade de goberno. O dirixente popular sospeita que non poderá facelo, porque “cando se trata de reivindicar e poñer deberes ao seu propio partido, os socialistas non son quen de facelo e, polo tanto, non enviaron carta algunha”.
QUEIXAS POLO MAL ESTADO DAS ESTRADAS PROVINCIAS
Ademais disto, o dirixente popular non entende como a repentina preocupación de Gómez Besteiro polo estado das infraestruturas lucenses non inclúe a mala situación das estradas provinciais, que son da súa directa competencia, e que se atopan nun estado desastroso acumulando centenares de queixas de alcaldes e de veciños da provincia.
“Besteiro debera baixarse do coche oficial, tan confortable, e viaxar polas estradas da Deputación que en moitos puntos da Mariña están cheas de fochancas e mal desbrozadas, coa consecuente incomodidade e risco de moitos veciños que a diario fan uso delas”-dixo José Manuel Balseiro.
CONTRASTE DE COMPROMISOS
Balseiro explicou que no PPdeLugo defenden a necesaria axilización dos grandes proxectos de infraestruturas lucenses pero que sería ilóxico obviar que mentres agora estamos nunha situación de crise e dificultades orzamentarias o PSOE malxestionou un período de bonanza.
De feito Balseiro lembrou que a credibilidade dos socialistas e o seu compromiso coa comarca da Mariña lucense están baixo mínimos e tanto no período do goberno bipartito (PSOE e BNG) como durante a etapa do Executivo socialista na Moncloa -nada máis e nada menos que oito anos- non se levou adiante ningún avance significativo no corredor.
Esta situación de freo ás infraestruturas lucenses contrasta co traballo desenvolvido polo PP. Pouco despois de chegar á Xunta adxudicou o primeiro tramo lucense do VAC e desenvolveu as custosas labores de desmonte do treito Celeiro-San Ciprián ou resolveu as alegacións presentadas ao trazado do treito estatal
DESMEDIDO AFÁN DE PROTAGONISMO
O secretario xeral dos populares lucenses considera que o PSOE e moi en particular Gómez Besteiro realiza este tipo de estratexias movido polo seu “desmedido afán de protagonism”o, que lle leva a cometer importantes erros como o acontecido nas pasadas datas cando veu á Mariña a falar do rural pero remitiu á prensa unha foto dunha reunión con veciños nun concello que non era da comarca, senón que era de Xermade. “Buscan a foto pero, as súas propostas e iniciativas están baleiras de contido”.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



