Riotorto- 04 de setembro de 2013.- O Partido Popular de Riotorto tacha de “incomprensible” a postura do rexedor local, Federico Gutiérrez (BNG), ao votar en contra de que Riotorto conte cunha residencia de maiores e centro de día, que crearía e xestionaría a Deputación Provincial de Lugo, e para cuxo fin recolle unha dotación económica os orzamentos do ente lucense.
O posicionamento do nacionalista durante a sesión plenaria extraordinaria celebrada o venres a petición do PP para garantir esta infraestrutura en Riotorto, demostra que o alcalde é o que se move por intereses partidistas no lugar de atender ás demandas dos veciños de Riotorto, ata o punto de chegar a entregar unha residencia de maiores e centro de día, cuxa construción fora aprobada no municipio.
Así o puxeron de manifesto hoxe os populares, tralas declaracións vertidas polo rexedor, que tiña nas súas mans que Riotorto teña residencia, e que coa súa actitude está a votar a perder un investimento na localidade de 1.400.000 euros, para unha poboación cun amplo número de persoas maiores, así como a consecuente creación de postos de traballo.
No pleno tratouse de evitar a renuncia a un investimento concedido pola Deputación
En relación coas informacións recollidas nos medios, os populares tamén aclaran que no pleno solicitado polo seu grupo tentouse evitar que o equipo de goberno renunciase a este investimento ao tempo que explican que a decisión de reunirse coa Xunta de Galicia non se adoptou en sesión plenaria, senón en Xunta de Portavoces.
Polo tanto, os populares explican que durante a sesión plenaria celebrada o venres quedou patente que o BNG non quere a residencia nin o centro de día en Riotorto, pese a haber un dotación nos orzamentos da Deputación Provincial de Lugo para construír este infraestrutura na localidade.
Esta situación só leva aos populares a criticar que un rexedor desperdicie esta oportunidade e máis tendo en conta que os populares aseguraron que a construción e xestión da residencia – centro de día estaba perfectamente garantida, sendo anunciada mesmo polo alcalde, que agora renuncia a ela, feito que leva ao PP a manter a súa sospeita sobre a existencia dun pacto dentro do BNG para que o investimento previsto na residencia – centro de día de Riotorto se traslade e beneficie a outro concello da Mariña.
Sorprendente negatividade do PSOE
Se os populares amosan a súa sorpresa ante que un rexedor local no queira unha residencia que se lle concedeu a Riotorto, máis “chamativo” aínda lle parece ao PP de Riotorto o voto en contra do PSOE do municipio.
Mentres que os populares sospeitan da existencia dese pacto no BNG para perder este investimento, dende a formación do PP pregúntanse polos motivos que levan a un partido local a non solicitarlle a un rexedor municipal que non se perda un investimento que aportaría a Deputación Provincial de Lugo.
Así, os populares repróchanlle aos socialistas que non chegasen a mostrar unha actitude activa e proclive na defensa dos intereses dos veciños, e máis tendo en conta que a Deputación Provincial de Lugo está a ser gobernada pola súa mesma cor política.
Polo tanto, dende a formación popular piden explicacións e queren coñecer as razóns que levan aos socialistas a non querer que a residencia e o centro de día sexa unha realidade, e axudar a evitar que a xestión do alcalde nacionalista “chea de mentiras” prive aos veciños da localidade deste investimento.
Traballo dos populares
O Partido Popular de Riotorto seguirá a promover iniciativas para evitar que o municipio se quede sen unha residencia de maiores e centro de día.
Con esta pretensión, os populares xa repartiron un díptico informativo que recollía as verdades desta xestión, ao tempo que solicitou a celebración do pleno extraordinario celebrado o venres e que evidencia que o PSOE e o BNG non queren unha residencia nin centro de día para Riotorto.

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



