O PP de Viveiro publicaba en sendas notas de prensa os días 2 e 7 de agosto – reiterando advertencias de fai máis dun ano -, os seus temores sobre diferentes aspectos relacionados coa gardería municipal. Así, señalaban que “no entraría en funcionamiento a tiempo y los hechos no sólo han confirmado nuestros temores, sino que desgraciadamente se han cumplido, con el consiguiente perjuicio para todos los vecinos de Viveiro que utilizan este servicio público y que lamentablemente se ven privados del mismo por la incompetencia del equipo de gobierno municipal socialista”.
“Mientras que la casi totalidad de las guarderías gallegas empezarán su actividad el día 5, aquí ni se sabe ni se le espera”, segundo explica Antonio J. Bouza Rodil, portavoz do PP de Viveiro que, así mesmo, recorda as declaracións efectuadas por responsables do Concello fai uns días “no se concreta fecha”. “Y todo ello a pesar de que la Concejala de Hacienda indicara en prensa en el mes de agosto, que la actividad empezaría el día 2 de septiembre, lo que demuestra una vez más la imprevisión de este gobierno municipal. En el día de ayer se publicaba un nuevo anuncio en torno a la fecha de apertura, comprometiéndose a abrirla a mediados de mes. Desde el PP mucho nos tememos que estamos ante un nuevo engaño a los vecinos, ya que la tramitación administrativa de la concesión conlleva unos plazos que exceden de eses 11 días que faltan para la fecha señalada”, apunta o portavoz popular.
Do manifestado publicamente tamén fan referencia os populares a que o Concello “no aclara la fórmula que se va aplicar, es decir no saben si optarán por la gestión directa o externalizada como se vino haciendo hasta ahora, a través del correspondiente concurso”.
“La gestión directa conllevaría a un nuevo incremento de la plantilla municipal por la puerta de atrás, un gesto más de la ineficaz, arbitraria e irresponsable gestión del equipo de gobierno socialista, a quien no le importa incrementar hasta límites insoportables la masa salarial del Concello con un claro afán de satisfacer un pretendido clientelismo que a nadie beneficia ( y esto a pesar de que los distintos informes de intervención siempre señalan el excesivo gasto de personal y la conveniencia de aligerar este capítulo, además de que la legislación vigente impide incrementos de personal)”, concreta Bouza Rodil.
Ademais, os populares consideran que “como consecuencia del interés mostrado por el PP sobre la gestión de la guardería, el gobierno municipal socialista se vió obligado en octubre del 2012 a anunciar que sacarían a concurso la guardería en el 2013; ahora sabemos que ese anuncio era una burda maniobra de distracción para ocultar su verdadero objetivo, que no era otro que convertir en empleados municipales sin ningún tipo de prueba ni selección al personal de una empresa privada, conculcando la legislación vigente y obviando el trabajo que otras personas o empresas de Viveiro pudieran haber realizado para optar a este concurso”.
Tal e como revelaba o informe do servizo de contratación (con data do 21 de febreiro de 2013), o 14 de xaneiro incorporouse ó expediente o estudo económico valorativo e o prego de prescricións técnicas. Nesta mesma data solicitouselle a Intervención o documento de RC (recoñecemento de crédito) necesario para facer fronte ao pago do servizo durante o periodo correspondente. Intervención emitiu o informe solicitado o 1 de febreiro sendo incorporado ó expediente. “A la vista de estos datos, podemos comprobar como el trabajo de los distintos empleados municipales responsables de la elaboración, cumplían sobradamente con sus responsabilidades y con los plazos”, argumenta o popular.
Pasan tres meses e o 12 de xuño, a Secretaria Municipal e Intervención, emiten sendos informes nos que se di que os pregos das cláusulas administrativas e as prescripcións técnicas cumpren co previsto na normativa para este tipo de contratos. “El asunto se traslada a la correspondiente comisión informativa el 17 de junio, para ser informado y como paso previo a su debate en el Pleno, y he aquí donde el Sr. Alcalde se desmarca diciendo que los costes son inasumibles y propone dejarlo encima de la mesa para que se haga un estudio sobre dichos costes. Los costes estaban fijados en los pliegos desde febrero de 2013, por lo tanto se podría pensar que el Sr. Alcalde y su equipo de gobierno no se dignaron en mirarlos, o bien que escondan otro tipo de interés inconfesable con respecto a la adjudicación de la guardería, o bien una tercera posibilidad: que por parte del equipo de gobierno o bien se desconociese la legislación vigente – imposibilidad de nuevas contrataciones de empleados y cumplimiento del plan de ajuste -, o bien se pretendiese cometer una ilegalidad para la que no contaron con la complicidad de los funcionarios municipales, ni del grupo del PP”, segundo consideran os populares.
Dende o PP de Viveiro continúan considerando que a solución pasaba por “haber sacado a concurso la guardería, que tiempo tuvieron de sobra, los pliegos fueron elaborados con plazo suficiente y únicamente por intereses ocultos del gobierno municipal socialista, así como la desidia y el desconocimiento de la legalidad vigente han provocado que los realmente perjudicados sean los vecinos de Viveiro usuarios de este servicio, padres, madres y niños que se ven privados de un servicio tan importante que entre otras cosas facilita la conciliación de la vida laboral y familiar”.

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



