O pentatleta internacional mariñán Cristóbal Rodríguez, actual Campión de España en elite absoluto e plusmarquista nacional de péntatlon moderno, asinou unha sensacional actuación no Torneo Nacional de Verán celebrado na cidade de Lugo e organizado polo club anfitrión do mesmo nome. Durante o torneo déronse cita 96 tiradores procedentes de Burgos, Valladolid, Logroño, Barcelona, as catro provincias galegas e tiradores de Portugal ás ordes do profesor Campanizo.
O deportista lucense comezou a Poule de todos contra todas moi centrado conseguindo gañala, o que lle permitiu pasar exento por coeficiente para a seguinte ronda, eliminando sucesivamente aos seus rivais en tablón de 64, posteriormente en tablón de 32 e 16 ata plantarse no tablón de 8 pasando limpo a semifinais onde eliminou a Iago García.
Cristóbal Rodríguez alcanzaba así a gran final celebrada a media tarde do sábado ante o tirador burgalés Héctor Rodrigo que cedeu con vitoria para o mariñán por un 15/8 para Rodríguez. Santiago Bescansa e Iago García completan o podio con cadanseu bronce.
Concentración de péntatlon moderno en Lugo
Por outra banda, o equipo nacional sénior de péntatlon moderno atópase concetrado en Lugo dende este luns baixo a dirección técnica de Manuel Montesinos e do maestro de espada Bondi Kovacts e a técnico da Federación galega Ruth Ballesteros. Rodríguez, que capitanea o equipo, pretende votar unha man nos adestramentos da Selección Xuvenil neste inicio de tempada en Lugo debido á inmediata celebración do Europeo de Péntatlon Moderno Xuvenil que se celebrará en Caldas de Rainha (Portugal) entre o 19 e o 22 deste mes.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
