Este Encontro, que este ano celebrará a súa IV edición, vai ter lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o sábado 5 de outubro. A Concellería de Servizos Socias e Xuventude, organizadora de evento, recorda que para a edición deste ano O PRAZO DE INSCRICIÓN VAI ESTAR ABERTO ATA O VENRES 20 (incluído) DE SETEMBRO. A inscrición e información para as asociacións de palilleiras poderase facer nos teléfonos seguintes: 982592686 (Carmen), 679894219 (Mercedes) ou 982 592 001 (Lucía ou Ana). En canto ás persoas interesadas na venda dos seus produtos poden facer a inscrición e reserva do seu posto chamando directamente ao Concello de Xove, preguntando por Lucía ou Ana no teléfono 982 592 001.
Inscrición no Encontro de Palilleiras de Xove