Barreiros, a 13 de setembro de 2013. Á vista da noticia saída nos medios sobre unha petición do fiscal, en xuízo celebrado en Lugo, de 6 anos de prisión para dúas persoas ás que se acusa de intentar empadroar en San Cosme de Barreiros a unha anciá discapacitada que estaba nun asilo de Lugo, o grupo municipal do BNG de Barreiros esixe ao Alcalde, Alfonso Fuente Parga, unha inmediata aclaración ao respecto.
Segundo os nacionalistas, era pública e notoria a estreita relación entre os acusados e o Alcalde. Esta relación derivábase da actividade profesional que durante os anos do boom urbanístico levaban a cabo as persoas acusadas, xa que se adicaban á compra de terreos para promocións urbanísticas.
Ademais, M. C. F. M., veciña de Barreiros en cuxo domicilio se empadroou a anciá discapacitada, presidiu a plataforma Bítere desde a súa creación, actuando desde o inicio como defensores a ultranza da desastrosa política urbanística de Alfonso Fuente e o PP en Barreiros.
A vinculación do acusado M. J .L. V. co Alcalde de Barreiros tamén se deriva da contratación por parte da entidade municipal de diversas obras e servizos a empresas nas que o acusado ten participación.
A maiores, no xuízo celebrado onte en Lugo a defensa dos acusados estaba representada polo Letrado Luís Rego Valcárcel que ten actuado como avogado defensor do Concello de Barreiros en numerosos procedementos, chegando incluso a ser contratado por unha contía anual de 18.000 euros máis IVE.
O BNG pide explicacións do Alcalde
O grupo municipal do BNG esixe do Alcalde de Barreiros unha aclaración ao respecto destes feitos; debido a que el é a persoa que asina as altas de empadroamento e o máximo responsable dos servizos nos que presuntamente se produciron os feitos delitivos: o rexistro municipal no que se presentaron os documentos e o propio servizo de padrón municipal.
Neste sentido, o BNG tamén pedirá que se revise o procedemento seguido no servizo de padrón municipal durante eses anos.


















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



