Un dos inventos máis apaixoantes do home contemporáneo foi a radio, maravilla que permite enviar e recibir mensaxes a distancia de millóns de kilómetros, estar en contacto cos inxenios espaciais lanzados a explorar os mais lonxanos confíns do sistema solar; coñecer detalles endexamais imaxinados ou comunicar con seres afastados, en calquera parte da nosa galaxia. Radioaficionado é a persoa autorizada para emitir e recibir mensaxes radiados, usando bandas de frecuencia establecidas A finais dos setenta a radioafición vivíu un “boom” que motivou un incremento de practicantes. A Mariña non foi allea a él, espertou a inquedanza polo fenómeno xurdindo en toda a costa xentes que practicaban a radioafición, producíndose o coñecemento mútuo a base de contactos persoais, pois vía radio resultaba difícil, dada a intrincada orografía que non permite a propagación directa das ondas de VHF.
O afán de comunicar coa referida banda levou a un grupo a concebir a instalación de un repetidor de VHF. Para logralo era preciso un órgano catalizador, capaz de aglutinar ó colectivo de radioaficionados existentes na comarca, e así nace o Radioclube Costa Lugo. En setembro de 1983- hai 30 anos- constituese a primeira Directiva, formada así: Presidente, César Rodríguez “Cesarín”; vice, Antonio Amor; secretario, José Ramón Lorenzo; vice-Valentín Caramés; tesoureiro, José Roca; vocal concursos, Ramón R. Costa e de relacións públicas, Suso Fernández O repetidor de VHF, o soño dourado, faise realidade e o Radioclube inicia a andaina que o leva a celebrar os 30 anos de existencia, realizando ó longo dos mesmos múltiples actividades técnicas e didácticas, sociais e humanitarias. O seu concurso anual nas bandas de HF e VHF goza de prestixo no mundo da radioafición de todo o país, pois de todo él acuden participantes.A evolución tecnolóxica dos últimos anos víu a restarlle vixencia á radioafición. O vindeiro día 22 celebra o 30 aniversario.
Xoán Antón Pérez-Lema



















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



