Santiago, 17 de setembro de 2013.- O portavoz do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, quixo poñer en valor este martes os esforzos que está a desenvolver Portos de Galicia no impulso de medidas para simplificar e adecuar á realidade presente o modelo fiscal das instalacións portuarias de competencia autonómica.
O deputado popular interesouse, a través dunha pregunta formulada na Comisión de Pesca do Parlamento galego, polas previsións do ente público para reducir as taxas portuarias, na que sería a segunda rebaixa desde que o Partido Popular accedeu á responsabilidade de Goberno na Xunta, logo da efectuada en 2010 e de tres anualidades nas que se mantiveron conxeladas.
Respecto desta cuestión, o Presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, confirmou a preguntas do deputado popular que o Consello de Administración da entidade ratificou a súa proposta sobre redución de taxas que entrará en vigor en 2014. Explicou tamén que esta medida beneficiará de xeito directo a uns 10.000 usuarios que verán reducidos os seus pagos entre un 9 e un 20%
PROFESIONAIS DO MAR
“Entendemos que é un acerto que os novos responsables da Xunta de Galicia busquen, mediante a modificación do actual sistema de taxas, revitalizar a actividade económica nas distintas instalacións portuarias”, dixo Balseiro, tras destacar que os principais beneficiarios serán “os profesionais do mar, os homes e mulleres que, sobre todo en sectores como o da baixura ou o marisqueo, contan coa Xunta como primeiro dos seus aliados”
De feito, José Juán Durán explicou na súa resposta que unha das modificacións previstas é a da tarifa E-2 que se aplica por utilización de explanadas, alpendres, almacéns ou locais públicos, sen réxime de concesión, redúcese un 8%. Esta é a tarifa á que se acollen fundamentalmente os mariñeiros e mariscadores que ocupan os departamentos habilitados para o sector por Portos de Galicia.
Tamén salientou a modificación da tarifa X-5, que se aplica ás embarcacións deportivas pola ocupación das instalacións portuarias, así como pola prestación dos servizos xerais de accesos terrestres e seguridade, entre outros conceptos, rebaixarase nun 2,5%.
SENSIBILIDADE E COÑECEMENTO DA REALIDADE DA PÉ
Finalmente, o voceiro do Mar dos populares galegos “deu conta da sensibilidade de Portos de Galicia e do seu Presidente, de quen gabou “o coñecemento da realidade da pé que demostra con este tipo de accións, que son sempre unha boa nova para mariñeiros, mariscadoras e mariscadores, pescadores recreativos e deportistas náuticos, etcétera, quen poderán beneficiarse dunha redución das cargas económicas e burocráticas que levan consigo distintas operacións portuarias”.



















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



