A Pontenova 19 de setembro de 2013. O voceiro do PP no concello de A Pontenova, Jorge García, denunciou este xoves o incumprimento por parte da Deputación Provincial de Lugo cos veciños de A Pontenova en materia de benestar.
Porén, os populares, levarán á sesión plenaria do vindeiro xoves, unha moción, esixindo ao Ente Provincial, que cumpra coa normativa vixente en materia de servizos sociais, e que achegue os recursos precisos para o financiamento dos gastos íntegros do servizo de axuda no fogar básico e para a contratación de persoal distinto aos traballadores sociais.
Jorge García denunciou que a Deputación de Lugo incumpre con este concello mariñán posto que tan só aporta o 9% do que custa o servizo de axuda no fogar.
“Dos máis de 18.000 euros que supón o Servizo de Axuda no Fogar no concello de A Pontenova, o ente provincial tan só achega 1.774 euros”- denunciou o popular.
O voceiro popular agarda que o rexedor socialista, Darío Campos, e o BNG, se posicionen a favor dos intereses dos veciños de A Pontenova e non dos seus homólogos na Deputación de Lugo, que o único que fixeron foi tomar unha decisión totalmente inxustificada.
“Non entenderíamos que o señor Campos optase por defender unha decisión insensible e partidista, que conleva consecuencias totalmente negativas para os usuarios deste servizo, antes de demandarlle aos socialistas e nacionalistas na Deputación que cambien esta decisión”- conclúe.

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



