O pasado sábado 14 de setembro levouse a cabo a IX edición da Foliada Popular da Mariña organizada pola Asociación Cultural Saiñas de Xove, o igual que en edicións pasadas durante todo o día realizáronse diferentes actividades pasarrúas, gymkana recreativa por Xove. Xa pola noite ás 21:30h, serviuse a cea para tódolos alí presentes, cada ración consistía en churrasco, chourizo, tortilla, pan e bebida. A partires das 22:30 comezou a foliada na que participaron os grupos de “O son do Sor” do Barqueiro e “Medio Quiñón” de Burela, así como os diferentes grupos da Asociación Cultural Saiñas. Esta festa alargouse ata altas horas da madrugada. Con esta actividade a Asociación Cultural Saiñas, remata as súas actividades do curso 2012-13. A directiva da mesma xa está a traballar par organizar o próximo curso que comezará no mes de outubro.
Éxito da IX Foliada Popular da Mariña
Éxito da IX Foliada Popular da Mariña
Relacionado
-
A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este mércores á Festa daFilloa, que reuniu no recinto feiral de Muimenta centos de veciños evisitantes arredor desta receita tradicional
-
O Concello de Vilalba, ABANCA e Afundación, a Obra Social de ABANCA, inauguraron na Sala Ramón Guntín de Vilalba, a mostra «Castelao grafista (facsímile)»
-
O 10 de maio desprazarase a Alfoz a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores